quarta-feira, 20 de janeiro de 2016
Cantigas galego-portuguesas medievais
NESTE LINK tendes recopilados os textos dos poetas medievais. O exercicio consiste en ir léndoas e copiar un exemplo de cada un dos temas que se tratan, tanto nas de amigo como nas de amor (eloxio da dama, amor non correspondido, laméntase pola ausencia do amigo...)
Dialectoloxía do galego
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiiuerEsogufZXIc2bcIhkciI8cmeBAjWqu4H1m5YtDfnvjxZamw97ZXyk22xm5hFZXGxsdAM9ieSm5UR3ARxeI6_8YffjuL04ujySvZEsGM9GAeL76VRx3zQYhUzu-a1fgYR9QGa7Skb4/s640/davila070116.jpg)
Clicando AQUÍ accededes á páxina do Arquivo Sonoro de Galiza, onde poderedes escoitar gravacións de falantes de diferentes partes do País, cos seus trazos dialectais característicos.
terça-feira, 12 de janeiro de 2016
Índice literatura medieval: cantigas amorosas
BLOQUE
5 EDUCACIÓN LITERARIA
LÍRICA
PROFANA MEDIEVAL. CANTIGAS AMOROSAS
- En que xéneros se organizan as cantigas? Que
cantigas pertencen a cada un deles?
1. A cantiga de amigo (CdA)
1.1. Orixes
a) De onde proceden as CdA? Que composicións
semellantes existían na Península?
1.2. Características xenéricas
a) Cales son as características máis
importantes das CdA? Que outros elementos permiten identificar estas cantigas?
b) Explica que tres tipos de CdA existen.
1.3. A forma da CdA
a) Cales son as principais características
formais das CdA?
1.4. A temática das CdA
a) Cal é o tema prinicipal das CdA? De que
maneiras se pode concretar ese tema?
b) En que subtipos temáticos se clasifican as
CdA? Explica os máis importantes.
1.5. Modos poéticos
a) Como se clasifican as CdA segundo a voz ou
voces poéticas que aparecen?
1.6. Personaxes da CdA
a) Que características teñen os personaxes que
aparecen nas CdA?
1.7. A natureza no discurso amoroso
a) Que funcións pode desempeñar a natureza nas
CdA?
Subscrever:
Mensagens (Atom)