quinta-feira, 17 de outubro de 2019

O texto narrativo




Definición: A definición extensa de texto narrativo é aquel texto no que uns personaxes levan a cabo unha serie accións nun espazo e nun tempo determinado.

Isto pódese resumir en que un texto narrativo é aquel no que hai acción.



Actividade: Lemos Peito de lobo.

Elementos do texto narrativo:
a) A acción: é aquilo que sucede. É imprescindible no texto narrativo.
Pregunta: que sucede no conto que acabamos de ler?
a.1) Conflito: É o que move a acción. Simplificando un pouco, o conflito pode ser un choque de intereses entre dous ou máis personaxes ou un personaxe que quere obter algo da sociedade ou a Natureza e ten que loitar por iso.



Pregunta: cal é o conflito que move a acción en Peito de lobo?
a.2) Estrutura: Son as partes do texto narrativo. Podémola dividir en:
a.2.1) Introducción: preséntase aos personaxes, o conflito, o espazo e o tempo.
a.2.2) Nó: Son o groso das peripecias.

a.2.3) Desenlace: Pecha a historia.

Pregunta: divide en partes Peito de lobo.

b) os personaxes: son os que levan a cabo a acción.
Pola súa importancia na trama podemos distinguir entre:
- protagonista: é o personaxe máis importante da historia.
- antagonista: é o que se enfronta ao protagonista. Non ten por que ser un ser humano, ás veces pode ser a sociedade, a natureza, etc...
- principais: non son tan importantes como o protagonista, pero sen eles a historia non tería sentido.

- secundarios: son personaxes que aparecen na historia, pero cuxa importancia é relativa.
- fugaces: son personaxes que apenas teñen importancia, que só saen un intre na historia e desaparecen. Aínda que os suprimamos, a historia segue tendo sentido e practicamente non se resente.




Pregunta: clasifica os personaxes de Peito de lobo.


De acordo á súa caracterización, os personaxes poden ser:

- planos: non evoluciona na historia e a súa personalidade pode reducirse a un ou dous trazos.

- redondos: evolucionan e son personalidades complexas con arestas.

Pregunta: como son os personaxes de Peito de lobo? Xustifica a túa resposta.

c) o tempo: distinguimos entre:

c.1) tempo externo: é o momento histórico no que ten lugar a historia. Pode estar ambientado no pasado, no presente ou, no caso de historias de ciencia-ficción, no futuro. Mesmo se poden inventar momentos históricos ficticios por exemplo Star Wars, O Señor Dos aneis ou Xogo de tronos.
Pregunta: en que momento histórico ten lugar a acción de Peito de lobo?

c.2) tempo interno: os acontecementos narrados suceden durante un certo período de tempo e seguen unha determinada orde. Nos textos literarios xógase moito co tempo.

Pode haber:

c.2.1) analepse: salto cara atrás no tempo.

c.2.2) prolepse: salto cara diante no tempo.

Pregunta: hai alteracións de orde en Peito de lobo? No caso de que sexa así, sinálaas e explícaas.

d) o espazo: os acontecementos suceden nalgures.
Pregunta: en que espazo ten lugar a historia de Peito de lobo?
e) o narrador: é a voz que nos conta a historia. Non hai que confundilo co autor. O autor é o que crea á historia. Pode ser el o que nola conte ou pode inventarse a un personaxe que o faga.




En cinema non adoita haber narrador. Cando oímos unha voz que non é a dos personaxes falando e que nos está comentando ou contando a historia, chamámoslle voz en off e é máis ou menos o que poderiamos identificar co narrador.


En textos narrativos escritos ten obrigatoriamente que haber narrador.

e.1) Polo seu coñecemento da historia podemos clasificar ao narrador en:


e.1.1) omnisciente: sabe absolutamente todo, o que pasou, o que pensan e senten todos os personaxes, etc.

e.1.2) parcial: este tipo de narrador adoita estar pegado ao punto de vista dun personaxe e, por tanto, só sabe o que sabe e sente ese personaxe
e.1.3) focalización cero ou cámara cinematográfica: o narrador non sabe nada do que senten e pensan os personaxes. Só conta o que vería coma se fose unha cámara de cinema.





e.2) pola súa participación na historia do narrador pode ser:




e.2.1) externo: o narrador non participa na historia.


e.2.3) interno: o narrador si participa na historia. Para iso ten que ser un dos personaxes que apareza nela.
Pregunta: Que tipo de narrador ten o conto que acabamos de ler? Xustifica a túa resposta.
Atendendo a natureza dos acontecementos e os personaxes narrados, podemos distinguir entre historias reais, realistas, verosímiles e inverosímiis.

- unha historia real refírese a acontecementos que sucederon de verdade.
- unha historia realista refírese a acontecementos que non tiveron lugar na vida real, pero que imitan a vida real.
- unha historia verosímil refírese acontecementos que non tiveron lugar na vida real, pero que son cribles. Non suceden cousas absurdas sen sentido.
- unha historia inverosímil é aquela en a que se suceden acontecementos absurdos e sen sentido
Non confundades verosímil con fantástico. O Señor Dos aneis, por exemplo, na súa historia é verosímil. Unha vez aceptamos que existen os elfos, os ananos e todas esas cousas que aparecen neste libro, todo os acontecementos que teñen lugar na historia son perfectamente cribles. Unha historia inverosímil sería, por exemplo, unha película de avogados na que un avogado ten que defender ao seu cliente dunha acusación inxusta e no xuízo final, de súpeto, sen que antes sucedera nada fantástico, de súpeto o xuíz ponse a voar.
Pregunta: a historia que acabamos de ver e ler é realista, real, verosímil ou inverosímil? Xustifica a túa resposta.


Pregunta: Pon exemplos de series, películas, novelas ou cómics que tiñas lido e que sexan reales, realistas, verosímiles e inverosímiles.

terça-feira, 1 de outubro de 2019

Clases de palabras





Sitúa as características no lugar da tabela que corresponda:
            Deben aparecer en cada clase de palabra:
- palabras variables en xénero
- palabras variables en xénero e número
- palabras variables en tempo, modo, número e persoa
- palabras invariables

- concretan o substantivo indicando a quen pertence
- indican calidades ou características do substantivo a que acompañan
- concretan o substantivo indicando se é coñecido ou descoñecido
- poden ir precedidos de determinantes e/ ou preposicións
- concretan o substantivo indicando cantidade exacta ou posición nunha serie
- serven para relacionar palabras ou oracións
- concretan o substantivo indicando a súa posición no espazo ou tempo
- adaptan o seu xénero e número ao do substantivo a que acompañan
- serven para nomear cousas, persoas, ideas, sentimentos...
- substitúen elementos do discurso (quen fala, con quen fala, de que ou quen se fala)
- fan referencia a accións, estados ou procesos
- concretan o substantivo indicando cantidade imprecisa ou inexacta
- serven para relacionar palabras
- modifican adxectivos ou adverbios, ou indican circunstancias do verbo (tempo, modo, lugar, dúbida, cantidade, modo, afirmación, negación)
- expresan preguntas ou exclamacións
NOMES OU SUBSTANTIVOS
-
-
ADXECTIVOS
-
-
VERBOS
-
-
DETERMINANTES ARTIGOS
-
-
DETERMINANTES DEMOSTRATIVOS
-
-
DETERMINANTES NUMERAIS
-
-
DETERMINANTES INDEFINIDOS
-
-
DETERMINANTES POSESIVOS
-
-
PRONOMES INTERROGATIVOS E EXCLAMATIVOS
-
-
ADVERBIOS
-
-
PRONOMES PERSOAIS
-
-
PREPOSICIÓNS
-
-
CONXUNCIÓNS
-
-

http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_cla_01.html?orix=mor&tema=mor_cla_01.html

PREPOSICIÓNS
EXERCICIOS PREPOSICIÓNS

PRONOMES
EXERCICIOS PRONOMES