domingo, 5 de setembro de 2021

Castelao recursos

 Se nós galegos tivésemos algo semellante ao que estadounidenses chaman Pais Fundadores (Founding Fathers), habería poucas discusións sobre o lugar preeminente que a a xigantesca figura de Daniel Afonso Rodríguez Castelao ocuparía entre eles. Se Rosalía creou unha Matria, e grazas en boa medida a Castelao que hoxe en día temos Patria...

Para traballardes a súa figura modelar en tantos aspectos (éticos, estéticos -como artista plástico e literato-, humanos...), podedes botar man dos seguintes recursos:


1) Biografía: os textos biográficos sobre Castelao son abondosos; por fiábeis e completos podemos destacar os seguintes: Biblioteca Virtual Galega; Wikipedia; Praza das Letras; Editorial Galaxia. Se non vos apetece ler, vede esta reportaxe en tres partes, producida pola TVG e disponíbel en VIMEO.

2) Obra literaria: as edicións canónicas da produción narrativa e ensaística de Castelao están publicadas pola editorial Galaxia, sexa na obra completa en seis volumes sexa en tomos individuais; no caso dos segundos, carecen de calquera introdución explicativa.
Se pinchades no enlace Cousas podedes ter acceso a algúns dos seus textos.

 Ademais, pódese ter en conta a monumental edición do Sempre em Galiza publicada por Através editora, que destaca por estar adaptada á ortografía internacional do galego e contar cunha introdución onde a importancia desta obra é explicada por figuras tan relevantes como X. M. Beiras, Francisco Rodríguez, Camilo Nogueira ou Luis Gonçales "Foz".

3) Obra plástica: parte da obra gráfica de Castelao está igualmente editada por Galaxia -o álbum NÓS, os Debuxos de negros, As cruces de pedra na Bretaña e na Galiza e as Cousas da vida- . Os seus Álbumes de Guerra -Atila en Galicia, Milicianos e Galicia mártir- publícaos a Editorial Akal. Ademais, existen varias páxinas onde se poden visualizar deseños, ilustracións e cadros de Castelao: a colección Novacaixagalicia dános acceso aos debuxos orixinais e pinturas dos seus fondos; en allpaintings.com teñen 18 páxinas inzadas de obras de todo tipo (até caricaturas feitas sobre menús!); o Museu de Pontevedra, do que Castelao foi fundador, atesoura un bo número de orixinais, que se poden ver ordenados por temas ou coleccións.

4) Miscelánea: a vida, obra e pensamento de Castelao trascende alén do seu tempo. Nesta sección agrúpanse materiais diversos para axudar á reflexión:

- En 1984 tráese o corpo de Castelao desde o cemiterio bonaerense da Chacarita, para ser soterrado no Panteón de Bonaval. Neste video de RTVE-G, e por baixo do relambido relato da locutora, pódense escoitar os berros e ver a carga policial contra os que consideraban que este retorno era unha traizón ao desexos do propio Castelao de só voltar "cando Galiza fose libre":


- Por ser unha figura moderna, conservamos algunhas gravacións da súa voz -en español-. Eilas:


- Finalmente, cancións ou versions musicadas de textos inspirados por ou adicados a Castelao:



domingo, 31 de janeiro de 2021

As Guerras Mundiais

A I Guerra Mundial (A Grande Guerra)




 1. Que equipamento militar se utiliza por vez primeira na IGM?

2. Canto tempo durou? Cando comezou?

3. Que provoca as tensións sociais que levan a guerra?

4. Que clase social formaba a maioría da socidade? Como era a súa vida?

5. Quen é o arquiduque Francisco Fernando? A que cidade viaxa?

6. Por que queren asasinalo?

7. Que países declaran a guerra a Serbia polo asasinato?

8. Que países apoian a Serbia?

9. Como eran as guerras coloniais?

10. Cantas persoas morren na IGM?

11. Como se chamou ao tipo de combate que se desenvolveu na IGM? Cal é o papel da poboación civil?

12. Que cidade están a piques de ocupar os alemáns ao comezo da guerra?

13. Que medios utilizan os franceses para transportar tropas?

14. Por que motivo a guerra se prolonga tanto tempo?

15. Cantos exercitos combaten na guerra no segundo ano?

16. Que sistema utilizan os exercitos para manter a fronte de guerra?

17. Que cidade francesa tentan ocupar as tropas alemás en 1916?

18. Que lonxitude chega a ter a fronte de guerra?

19. Que son os obuses?

20. Que era a "Tierra de Nadie"?

21. Que armas se utilizaban para enfrontar o inimigo?

22. Cal era o sinal para atacar o inimigo?

23. Que sucedeu na tregua de Nadal de 1914?

24. Que tipo de gases comezan a utilizarse? Cando?

25. Por que eran útiles os tanques?

26.Que avance tecnolóxico incorporan os tanques ao longo da guerra?

27. Cantos soldados británicos morren na batalla do SOmme?

28. Que consecuencia tivo o afundimento do trasatlántico Lusitania?

29. Cal era a función dos dirixibles?

(25:00)

 

30. Canto tempo se tardou en desenvolver avións de guerra?

31. Cal é a avantaxe dos dirixibles sobre os avións? E os seus defectos?

32. Que arma fai que os avións sexan máis eficaces? Quen perfecciona esta arma e como?

33. A que país ofrece apoio Alemania para que entre na guerra? A cambio de que?

34. Que provoca a entrada dos Estados Unidos na guerra?

35. Aproximadamente cantos americanos loitan en Europa? 

36. Onde van loitar os barcos americanos? Contra quen?

37. Que corpo militar americano é o máis destacado na guerra?

38. En que momento é maior o número de soldados americanos?

39. Que países comezan a producir máis equipamento militar? Que fábricas utilizan?

40. Como se chamou o ataque que lanzan os alemáns en 1918?

41. Cal era o obxectivos dos alemáns con este ataque?

42. Que extensión ten neste momento a fronte de guerra?

43. Cantos soldados alemáns son capturados?

44. Que movemento político pedía o fin da guerra en Alemania?

45. Cal foi a principal causa da derrota alemá?

46. Cando remata a guerra?

47. Que imperios desaparecen logo da guerra?

48. Como se chama o tratado que pon fin á guerra? Como se chama?

49. Que consecuencias ten o tratado para Alemania?

 

A II Guerra Mundial

 https://www.youtube.com/watch?v=IBVzp8JC3nk

 3.28- 14:50

1. Que dous movementos políticos se enfrontan en Alemania en 1933?

2. Cando chega ao poder Hitler?

3. Por que quere Hitler atacar Francia?

4. Por que atacan os nazis os xudeos?

5. Cales son os dous primeiros países que anexiona Hitler? Por que?

6. Que movemento funda Mussolini? Onde?

7. Que países asinan tratado de paz con Hitler?

8. En que ano ocupa Hitler a cidade de Praga?

9. Que é a URSS? Quen é o seu lider?

10. Que eran os "gulag"?

11. Como evita Hitler a intervención da URSS?

12. Cal é a escusa de Hitler para atacar Polonia?

13. Cando declara Gran Bretaña a guerra a Alemania? Que outro país o fai?

22:50- 24:00

14. Que consecuencias ten en París o bombardeo de Varsovia?

15. Que fan os soviéticos mentres os nazis ocupan Polonia?

37:50- 46:00

16. Por onde esperan os franceses que ataquen os alemáns?

17. Que pensa De Gaulle que debe facer o exército francés?

18. En que outros países hai movementos nazis?

19. Quen goberna en Gran Bretaña?

20. A que país atacado polos nazis axudan soldados franceses e británicos?

21. Que corpo de soldados franceses participa nesa axuda? Que españois forman parte dese corpo?

22. Logo de rendirse este país, que outros ataca Hitler?

23. Que materias primas necesita Alemania deses países?

24. Que dous países ocupa Hitler para preparar o ataque a Francia?

 

https://www.youtube.com/watch?v=jqlSzP1_CEA

terça-feira, 5 de janeiro de 2021

Os meios de transporte

 


IR ou ANDAR DE...

balão de ar quente/ comboio (br. trem)/ helicóptero/ elétrico (br. bonde)/ camioneta/ foguetão/ coche (de cavalos) ou carruagem/ ambulância/ teleférico/ carro/ autocarro (de dois andares)/ rulote/ transatlântico ou paquete/ carrinha/ mota/ canoa ou caiaque/ metro/ avião/ camião (br. caminhão)/ barco/ bicicleta/ táxi/ ciclomotor/ submarino