quinta-feira, 26 de setembro de 2013

Di(c)cionarios


A continuación tedes unha serie de dicionarios que podedes consultar en liña, tanto para buscar significados como para comprobar a ortografía:

EN GALEGO
- O da Academia Galega
- O de Alonso Estraviz

EN ESPAÑOL:
- O da Real Academia Española de la Lengua

Gramáticas e ortografías


Para que vos sirvan de ferramenta ao facerdes os exercicios da clase, aquí quedan ligazóns a gramáticas e ortografías, de español e galego:

RESUMO GRAMÁTICA GALEGA
RESUMO GRAMÁTICA ESPAÑOLA

ORTOGRAFÍA ESPAÑOL
ORTOGRAFÍA GALEGO


E unha máis de erros frecuentes e dúbidas en galego (como é: todos os, tódolos, tódo-los???):

DÚBIDAS E ERROS

Tradutores español-galego e viceversa



Actualmente dispoñemos de ferramentas en liña que nos permiten traducir textos en diferentes idiomas.
O da Xunta está pensado unicamente para castelán- galego e viceversa:
TRADUTOR AUTOMÁTICO
Google tamén facilita unha ferramenta semellante, pero podedes mudar os idiomas de orixe e destino (inglés- galego, alemán- español, etc):
TRADUTOR GOOGLE

Exercicios ortografía



Se clicades nas ligazóns que aparecen a seguir accederedes a diferentes páxinas nas que podedes facer exercicios de repaso de ortografía, en galego e español.
Fixádevos ben como funcionan, porque unhas son interactivas -traballades na páxina e ao rematar corríxense os exercicios- e outras non -tendes que  traballar en papel e logo ver as solucións-.

ESPAÑOL 1

ESPAÑOL 2
ESPAÑOL 3

GALEGO 1
GALEGO 2
GALEGO 3

Xornais en liña


Como sabedes, actualmente podemos consultar a través de internet os contidos dos principais xornais que aparecen tamén en papel. Ademais, existen outros que só están na rede; velaquí algúns:

EN GALEGO
Sermos Galiza
Praza Pública
Galicia Confidencial
Galicia Hoxe

EN ESPAÑOL
La Voz de Galicia
Faro de Vigo
El Correo Gallego
El País (Galicia)

Tamén existen páxinas con ligazóns a información que os propios usuarios achegan por  considerala relevante. Deste xeito elimínase o papel do editor, que é quen decide cales son as noticias que deben chegar ao público, e cales é mellor calar:

EN GALEGO
EN ESPAÑOL

sexta-feira, 7 de junho de 2013

Materia 2ª avaliación e recursos literatura

Premendo sobre as ligazóns accededes a páxinas que amplían a información sobre os autores traballados.
 
TEORÍA:
1. Literatura galega:
-  Séculos Escuros e Ilustración
- Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal
- Irmandades da Fala: Cabanillas
- Grupo Nós: Castelao, Risco, Otero Pedrayo
- Vangardas: Manuel Antonio e Amado Carballo
- Época Galaxia: Fole e Cunqueiro
- Nova Narrativa: Ferrín, Casares e Neira Vilas
2. Literatura española:
- Romanticismo: Espronceda, Bécquer, Larra
- Realismo: Galdós, Clarín
- Modernismo y Generación 98: Machado, Juan Ramón Jiménez, Unamuno, Baroja
- Vanguardismo y 27: García Lorca, Alberti
3. Historia social do galego
- Cadro acontementos- momento histórico
PRÁCTICA:
1. Ortografía galego: L/LL, HAI/AÍ/AI, HABER/A VER, PORQUE/POR QUE, SI/SE
2. Ortografía español: LL/Y, D/Z, POR QUÉ/PORQUE/PORQUÉ, SINO/SI NO
3. Formación de palabras: prefixos e sufixos, recoñecer e dicir de que tipo son
4. Verbos galego/ español
5. Sintaxe


terça-feira, 14 de maio de 2013

Introdución: o Romantismo

No video a seguir explícanvos as características da arte e do pensamento románticos, propios
 de finais do século XVIII e boa parte do XIX: