quinta-feira, 3 de dezembro de 2015

Índice literatura medieval


A literatura galego-portuguesa medieval. Cuestións xerais (páx. 221-229)
(BLOQUE 5: Educación literaria)
1. Ámbito xeográfico da poesía medieval galego-portuguesa
- Que territorio ocupa a lírica en galego-portugués? Cales son os motivos desta extensión? Que territorios fican fóra desta área lingüística e que linguas utilizan?
2. As vías de penetración da cultura trobadoresca
- Como chega a cultura provenzal e os seus modelos poéticos a Galiza e Portugal?
3. Etapas na evolución da poesía medieval galego-portuguesa
- Que período abrangue a produción poética medieval? De cando é o texto máis antigo?
- Resume as características de cada etapa do ciclo trobadoresco
4. O espectáculo trobadoresco. Autores e interpretes
- De que espazos é propia a tradición poética medieval? Onde e como se difunde esta poesía?
- Cales son as características dos trobadores, xograres e segreis? Cal é a importancia das soldadeiras nesta poesía?
5. A tradición manuscrita
- Cantos autores e textos forman a tradición poética medieval? En que dous grupos de obras se recollen estes textos? Que características ten cada un deles?

segunda-feira, 9 de novembro de 2015

Índice Galiza na Idade Media (1º bacharelato)



UNIDADE 10-I: O galego na Idade Media (pp. 208-218)
(BLOQUE 4: Lingua e sociedade)
1. Contexto histórico, social e cultural
1.1. O Reino de Galiza na época medieval
1.a) Que etapa abrangue a Idade Media? Cal é a situación lingüística e socio-política de Galiza nesta etapa?
1.b) Que características presentaba a sociedade feudal galega?
1.2. A Era Compostelá
1.c) Que elementos provocaron o esplendor de Galiza entre os séculos XII e XIII? Como se coñece este periodo? Cales son as manifestacións artísticas máis importantes da época?
1.3. A decadencia socio-económica e política de Galiza na Baixa Idade Media
1.d) Cando comeza a decadencia da sociedade galega? Que factores motivan esta decadencia?
1.4. As Revolucións Irmandiñas
1.e. Que foron e cando apareceron as Irmandades? Que obxectivos perseguían?
2. A lingua galega na Idade Media
2.1. A transformación en lingua escrita
2.a) De cando son os primeiros rastros do galego-portugués? Que consecuencias tivo a separación de Portugal?
2.b) De cando son os primeiros documentos escritos en galego-portugués? De que tipo son estes documentos?
2.2. Monolingüismo social oral. A consideración da lingua.
2.c) Cal foi a situación do galego até o século XV?
2.d) Que proxección tivo o galego fóra de Galiza nesta etapa?
2.3. Trazos da lingua galego-portuguesa medieval
2.e) Que características xerais tiña o galego-portugues escrito?
3. O proceso de minorización do galego
3.a) Como se produciu a introdución do castelán en Galiza? Que consecuencias tivo este feito para o galego?
4. A consolidación de dúas variedades lingüísticas. A lusofonía.
4.a) Que factores contribuíron a diferenciación das falas galegas das portuguesas?

quinta-feira, 5 de novembro de 2015

A lírica popular: cantigas populares


http://www.orkugifs.com/es/images/burro-cantando_781.gif

Se clicades AQUÍ accededes a unha página coa letra de moitas cantigas populares (tradicionais, de taberna, de romaría, de traballo...)
Poñede en YOUTUBE o título das que vos gusten e -con sorte- poderedes escoitar algunha interpretación delas.

terça-feira, 15 de setembro de 2015

Os reis de Portugal

Nesta página do Instituto Camões temos as biografias dos Reis de Portugal, desde Afonso Henriques até D. Carlos I. Podemos ler e ouvir as vidas deles:

terça-feira, 21 de abril de 2015

Santiago de Compostela

Clicando AQUÍ  podedes ver un documental sobre a historia de Santiago que vos sirva de aperitivo da visita que imos facer á cidade:
http://farm4.static.flickr.com/3111/3189406800_5687a9dd9d.jpg