Made in Galiza de Séchu Sende (editorial Galaxia) é o libro que tendes que ler neste segundo trimestre. O traballo escrito consiste nun resumo de cada apartado e unha reflexión persoal sobre o tema que nel se trata. Valorarase a extensión e a corrección lingüística.
Na mesma liña do libro, e para quen aínda non teña un calendario do 2017:
http://anl.uvigo.es/opencms/export/sites/anl/anl_gl/documentos/calendario2017.pdf
domingo, 15 de janeiro de 2017
segunda-feira, 14 de novembro de 2016
Os pronomes átonos

Nesta LIGAZÓN aparecen exercicios para practicar a colocación do pronome átono e a diferenza entre TE e CHE, entre outras cousas.
E NESTA tendes as regras para saber saber se o pronome ten que ir en posición enclítica ou proclítica.
E para evitar metidas de cazola como esta:
AQUÍ hai unha listaxe de verbos que, a diferenza do español, non levan pronome ligado.
E estes son os valores do pronome átono SE:
1) Valor reflexivo,
en función de CD (Vestiuse devagar) ou CI (O xastre fíxose un traxe) ou recíproco
(A fai algo a B e B fai algo a A: os dous
amigos abrazáronse -CD-; os dous amigos déronse -CI- un abrazo)
2) Marca de indeterminación
de suxeito, en oracións impersoais (vese moito a televisión, alúgase/
alúganse casas)
3) Morfema ou
formante verbal en verbos pronominais (compórtanse moi ben) ou que poden
funcionar como pronominais (meu irmán
vai- vaise a Alemaña)
O galego na Idade Media
UNIDADE 10-I: O galego na Idade Media (pp. 208-218)
(BLOQUE 4: Lingua e sociedade)
1. Contexto histórico, social e cultural
1.1. O Reino de Galiza na época medieval
1.a) Que etapa abrangue a Idade
Media? Cal é a situación lingüística
e socio-política de Galiza nesta etapa?
1.b) Que características
presentaba a sociedade feudal galega?
1.2. A Era Compostelá
1.c) Que elementos provocaron o
esplendor de Galiza entre os séculos XII e XIII? Como se coñece este periodo?
Cales son as manifestacións artísticas máis importantes da época?
1.3. A decadencia socio-económica e política de Galiza na Baixa Idade
Media
1.d) Cando comeza a decadencia da
sociedade galega? Que factores motivan esta decadencia?
1.4. As Revolucións Irmandiñas
1.e. Que foron e cando apareceron
as Irmandades? Que obxectivos perseguían?
2. A lingua galega na Idade Media
2.1. A transformación en lingua escrita
2.a) De cando son os primeiros
rastros do galego-portugués? Que consecuencias tivo a separación de Portugal?
2.b) De cando son os primeiros documentos
escritos en galego-portugués? De que tipo son estes documentos?
2.2. Monolingüismo social oral. A
consideración da lingua.
2.c) Cal foi a situación do
galego até o século XV?
2.e) Que proxección tivo o galego
fóra de Galiza nesta etapa?
2.3. Trazos da lingua galego-portuguesa medieval
2.f) Que características xerais
tiña o galego-portugues escrito?
3. O proceso de minorización do galego
3.a) Como se produciu a
introdución do castelán en Galiza? Que consecuencias tivo este feito para o
galego?
4. A consolidación de dúas variedades lingüísticas. A
lusofonía.
4.a) Que factores contribuíron a
diferenciación das falas galegas das portuguesas?
quinta-feira, 3 de novembro de 2016
Acordo ortográfico da lingua portuguesa
https://www.youtube.com/watch?v=4u8OgrsssPk&index=29&list=PL5Y5-OPQvpX40w4G-ourWRfzuMEKdi-3V
https://www.youtube.com/watch?v=Ao_sfzhwnEc
https://www.youtube.com/watch?v=iUr6iN5gvEI
https://www.youtube.com/watch?v=nzVaxfl801E
https://www.youtube.com/watch?v=YugfsDDC9f0
https://www.youtube.com/watch?v=Ao_sfzhwnEc
https://www.youtube.com/watch?v=iUr6iN5gvEI
https://www.youtube.com/watch?v=nzVaxfl801E
https://www.youtube.com/watch?v=YugfsDDC9f0
quarta-feira, 2 de novembro de 2016
Historia da literatura galega
Nesta ligazón tendes o resumo de historia da literatura galega da AS-PG:
terça-feira, 25 de outubro de 2016
Linguas no mundo
UNIDADE 2: UN MUNDO DE LINGUAS
(BLOQUE 4: LINGUA E SOCIEDADE)
1.
Linguas no mundo: familias lingüísticas
2.
Multilingüísmo: darwinismo e ecoloxismo lingüístico
3.
Linguas minoritarias, maioritarias e minorizadas
4.
Lingua oficial, nacional e internacional
5.
Diversidade lingüística en Europa e España
Subscrever:
Mensagens (Atom)


