segunda-feira, 16 de janeiro de 2017

Literatura medieval. Introdución


A literatura galego-portuguesa medieval. Cuestións xerais (páx. 221-229)
(BLOQUE 5: Educación literaria)
1. Ámbito xeográfico da poesía medieval galego-portuguesa
- Que territorio ocupa a lírica en galego-portugués? Cales son os motivos desta extensión? Que territorios fican fóra desta área lingüística e que linguas utilizan?
2. As vías de penetración da cultura trobadoresca
- Como chega a cultura provenzal e os seus modelos poéticos a Galiza e Portugal?
3. Etapas na evolución da poesía medieval galego-portuguesa
- Que período abrangue a produción poética medieval? De cando é o texto máis antigo?
- Resume as características de cada etapa do ciclo trobadoresco
4. O espectáculo trobadoresco. Autores e interpretes
- De que espazos é propia a tradición poética medieval? Onde e como se difunde esta poesía?
- Cales son as características dos trobadores, xograres e segreis? Cal é a importancia das soldadeiras nesta poesía?
5. A tradición manuscrita
- Cantos autores e textos forman a tradición poética medieval? En que dous grupos de obras se recollen estes textos? Que características ten cada un deles?

domingo, 15 de janeiro de 2017

Lectura segundo trimestre 1º bacharelato

Made in Galiza de Séchu Sende (editorial Galaxia) é o libro que tendes que ler neste segundo trimestre. O traballo escrito consiste nun resumo de cada apartado e unha reflexión persoal sobre o tema que nel se trata. Valorarase a extensión e a corrección lingüística.
Na mesma liña do libro, e para quen aínda non teña un calendario do 2017:
http://anl.uvigo.es/opencms/export/sites/anl/anl_gl/documentos/calendario2017.pdf

segunda-feira, 14 de novembro de 2016

Os pronomes átonos


Nesta LIGAZÓN aparecen exercicios para practicar a colocación do pronome átono e a diferenza entre TE e CHE, entre outras cousas.
E NESTA tendes as regras para saber saber se o pronome ten que ir en posición enclítica ou proclítica.







E para evitar metidas de cazola como esta:
 AQUÍ hai unha listaxe de verbos que, a diferenza do español, non levan pronome ligado.


E estes son os valores do pronome átono SE:
1) Valor reflexivo, en función de CD (Vestiuse devagar) ou CI (O xastre fíxose un traxe) ou recíproco (A fai algo a B e B fai algo a A: os dous amigos abrazáronse -CD-; os dous amigos déronse -CI- un abrazo)
2) Marca de indeterminación de suxeito, en oracións impersoais (vese moito a televisión, alúgase/ alúganse casas)
3) Morfema ou formante verbal en verbos pronominais (compórtanse moi ben) ou que poden funcionar como pronominais (meu irmán vai- vaise a Alemaña)

O galego na Idade Media


UNIDADE 10-I: O galego na Idade Media (pp. 208-218)
(BLOQUE 4: Lingua e sociedade)
1. Contexto histórico, social e cultural
1.1. O Reino de Galiza na época medieval
1.a) Que etapa abrangue a Idade Media? Cal é a situación lingüística e socio-política de Galiza nesta etapa?
1.b) Que características presentaba a sociedade feudal galega?
1.2. A Era Compostelá
1.c) Que elementos provocaron o esplendor de Galiza entre os séculos XII e XIII? Como se coñece este periodo? Cales son as manifestacións artísticas máis importantes da época?
1.3. A decadencia socio-económica e política de Galiza na Baixa Idade Media
1.d) Cando comeza a decadencia da sociedade galega? Que factores motivan esta decadencia?
1.4. As Revolucións Irmandiñas
1.e. Que foron e cando apareceron as Irmandades? Que obxectivos perseguían?
2. A lingua galega na Idade Media
2.1. A transformación en lingua escrita
2.a) De cando son os primeiros rastros do galego-portugués? Que consecuencias tivo a separación de Portugal?
2.b) De cando son os primeiros documentos escritos en galego-portugués? De que tipo son estes documentos?
2.2. Monolingüismo social oral. A consideración da lingua.
2.c) Cal foi a situación do galego até o século XV?
2.e) Que proxección tivo o galego fóra de Galiza nesta etapa?
2.3. Trazos da lingua galego-portuguesa medieval
2.f) Que características xerais tiña o galego-portugues escrito?
3. O proceso de minorización do galego
3.a) Como se produciu a introdución do castelán en Galiza? Que consecuencias tivo este feito para o galego?
4. A consolidación de dúas variedades lingüísticas. A lusofonía.
4.a) Que factores contribuíron a diferenciación das falas galegas das portuguesas?