quinta-feira, 29 de setembro de 2016

Gallaecia. As vias romanas

Alcumes de Moaña

 Bagullo, Banda, Bandeira, Barandas, Barrera, Barrena, Barullo, Bocho, Bola, Boliña, Bomba, Bote, Botellas, Bugallo, Cabanas, Cabanelas, Cabo, Cacharela, Cache- lo, Cadreso, Cagallón, Cagarría, Camarón, Cambón, Canal, Cancela, Canelas, Canizas, Canle, Cañón, Cañoteira, Caralladas, Caranvel, Carballo, Carreta, Cartucho, Cereixa, Cincuenta, Corenta, Chouzo, Chulo, Dios, Eira, Fames, Figueiras, Fosa, Furia, Gadellas, Gala, Galán, Galiñán, Gamelo, Garabuxo, Gicha, Gomas, Grolo, Inverno, Jue- ves, Lengüíñas, Lomba, Luceira, Machada, Maniquí, Manises, Marabilla, Menudo, Modas, Moncosa, Namorado, Ochenta, Pachanga, Paisana, Palma, Pallaso, Panzote, Paparota, Patachán, Patolas, Patrona, Peto, Pilla, Pinche, Pinga, Piñeiro, Pisca, Pistolas, Pita, Poalla, Poda, Pola, Portela, Pota, Pote, Rabe- lo, Racha, Rala, Raxeira, Recia, Repola, Roca, Rosales, Roxo, Rúa, Rucha, Sapo, Secas, Seixa, Sereno, Taboeiro, Taramallo, Tirria, Tixeiras, Talón, Tornillos, Torre, Tren, Vilas, Viñas, Zocos...
Hai xente que é máis coñecida polo alcume que polo nome. AQUÍ podedes ler un texto moi interesante que recolles alcumes de Moaña. Se cadra aínda topades o da vosa familia!

segunda-feira, 19 de setembro de 2016

Guía de traballo de Sempre en Galiza




 
O libro está en calquera biblioteca pública, se o ides comprar hai dúas edicións, a de AKAL que non chega a 6 euros e a de GALAXIA que custa arredor de 20.
 
1. Adro: a primeira parte de Sempre en Galiza, titulada "Adro", serve de introdución á obra. Nel, Castelao recolle unha serie de artigos xornalísticos publicados no xornal A Nosa Terra en 1935, cando o autor é trasladado desde a súa praza de funcionario en Pontevedra á cidade de Badaxoz.
1.a) Investiga en que circunstancias históricas aconteceu iso: quen foi Lerroux? A que partido pertencía e que ideoloxía tiña? Como ficou coñecida esta época na historia de España? Que outro importante membro do Partido Galeguista foi obrigado a abandonar Galiza?
1.b) Le os XIV apartados que conforma o "Adro", e explica resumidamente cales son as diferenzas entre a realidade galega (humana, económica, paisaxística) que Castelao coñece e a extremeña na que é obrigado a vivir.
1.c) Explica que quere dicir o autor coa historia do órgano da catedral de Badaxoz.

2. Libro I: está formado por textos escritos e publicados entre 1937 e 1938, durante a Guerra Civil. Nesta parte da obra diferenciamos dúas seccións: unha teórica centrada na definición de Galiza como nación (do apartado I ao XII), e outra onde analiza as circunstancias que rodearon a elaboración e plebiscito do Estatuto de Autonomía (de XIII a XXXII).
2.a) Le os apartados I a XII e explica/resume cales son os trazos definidores de Galiza como realidade nacional segundo Castelao. Indica cales son os apartados en que se trata cada un deles.
2.c) O apartado XXXIII e último funciona de xeito independente, como colofón desta parte da obra. Nel, Castelao selecciona tres elementos que funcionan a xeito de símbolo da realidade galega. Explica o valor ou importancia que ten cada un deles, e a que aspectos desa realidade (económica, social, intelectual, relixiosa...) afectan.

3. Libro II: a redacción desta parte da obra ten lugar en 1940, mentres está embarcado cara o exilio ao que ten que marchar logo de que a República tivese perdido a Guerra.
3.a) Le o apartado I e explica onde está o autor, cal é o seu estado de ánimo e a súa intención ao seguir escribindo unha vez que rematou a Guerra.
3.b) Le os capítulos XVIII e XIX, investiga que é o federalismo e explica por que Castelao pensa que a solución federal é a mellor para España e, especialmente, para Galiza, Euskadi e Cataluña.
3.b) Nos apartados XX a XXVI Castelao trata de varios asuntos: a emigración, a actitude de certos "españolistas" a respecto de Galiza ou a cuestión lingüistica. Le estes apartados, indica onde se fala sobre eles (ou outros que atopes) e explica cal é a opinión do autor.

4. Libro III: esta parte do libro foi escrita 1943. O desenvolvemento da II Guerra Mundial facía pensar que o futuro de España dependía do seu desenlace: a derrota do Eixo nazi-fascista polas potencias democráticas aliadas e a URSS suporía a caída da ditadura de Franco, e a conseguinte volta da República. A historia posterior demostrou que as cousas non ían ser así.
4.a) Le os apartados I e II e explica cales son as circunstancias de Castelao, e a súa actitude a respecto da II República logo de todo o que pasou.
4.b) Le os apartados III, IV, VIII e XVII, explica a contraposición entre Galiza e Castela que fai Castelao e en que elementos a apoia.
4.c) Le os apartados XVIII, XIX, XX e XXI, relativos a Portugal, e explica a relación que o autor establece entre este país, Galiza e España.
4.d) Nos apartados XXV a XXXII Castelao fai un repaso aos acontecementos históricos que marcaron o proceso de sometemento de Galiza á coroa de Castela/España desde o século XV. Le estes apartados e resume eses feitos de forma ordenada.

Índice unidade 1: Sociedade e comunicación humana


1. Sociedade e comunicación humana: a linguaxe, os sistemas substitutivos, os sistemas de comunicación non linguísticos
1.a. Que dous papeis xoga a linguaxe como sistema de comunicación?
1.b. Que son os sistemas substitutivos? Dá algúns exemplos.
1.c. Que outras formas de comunicación empregamos os humanos?
2. Elementos da comunicación
2.b. Explica cada un dos elementos que interveñen no acto de comunicación.
3. Funcións da linguaxe
3.a. Relaciona cada función da linguaxe cun elemento da comunicación.
4. Signo linguístico: significante e significado
4.a. Define signo linguístico e cada un dos seus constituíntes.
4.b. Que son os monemas.
5. Dobre articulación da linguaxe
5.a. Que significa que o signo linguístico está articulado? Explica cada un dos niveis de articulación.
5.b. Para que serve a dobre articulación da linguaxe?
6. A lingua como sistema. Lingua e fala. Niveis de articulación da lingua.
6.1. Explica a diferenza entre lingua e fala.
6.b. Que é a norma linguística?
6.c. En que niveis se organiza a lingua? Que parte da linguística estuda cada un deles?
7. As variedades linguísticas
7.a. Cales son as variedades que existen dentro dunha lingua? Que é a variedade estándar?