O libro está en calquera biblioteca pública, se o ides comprar hai dúas edicións, a de AKAL que non chega a 6 euros e a de GALAXIA que custa arredor de 20.
1. Adro: a primeira parte
de Sempre en Galiza, titulada
"Adro", serve de introdución á obra. Nel, Castelao recolle unha serie
de artigos xornalísticos publicados no xornal A Nosa Terra en 1935, cando o autor é trasladado desde a súa praza
de funcionario en Pontevedra á cidade de Badaxoz.
1.a) Investiga
en que circunstancias históricas aconteceu iso: quen foi Lerroux? A que partido
pertencía e que ideoloxía tiña? Como ficou coñecida esta época na historia de España?
Que outro importante membro do Partido Galeguista foi obrigado a abandonar
Galiza?
1.b) Le os XIV
apartados que conforma o "Adro", e explica resumidamente cales son as
diferenzas entre a realidade galega (humana, económica, paisaxística) que
Castelao coñece e a extremeña na que é obrigado a vivir.
1.c) Explica que
quere dicir o autor coa historia do órgano da catedral de Badaxoz.
2. Libro I: está formado por textos escritos e publicados entre 1937 e 1938,
durante a Guerra Civil. Nesta parte da obra diferenciamos dúas seccións: unha
teórica centrada na definición de Galiza como nación (do apartado I ao XII), e
outra onde analiza as circunstancias que rodearon a elaboración e plebiscito do
Estatuto de Autonomía (de XIII a XXXII).
2.a) Le os
apartados I a XII e explica/resume cales son os trazos definidores de Galiza
como realidade nacional segundo Castelao. Indica cales son os apartados en que
se trata cada un deles.
2.c) O apartado
XXXIII e último funciona de xeito independente, como colofón desta parte da
obra. Nel, Castelao selecciona tres elementos que funcionan a xeito de símbolo
da realidade galega. Explica o valor ou importancia que ten cada un deles, e a
que aspectos desa realidade (económica, social, intelectual, relixiosa...)
afectan.
3. Libro II: a redacción
desta parte da obra ten lugar en 1940, mentres está embarcado cara o exilio ao
que ten que marchar logo de que a República tivese perdido a Guerra.
3.a) Le o
apartado I e explica onde está o autor, cal é o seu estado de ánimo e a súa
intención ao seguir escribindo unha vez que rematou a Guerra.
3.b) Le os
capítulos XVIII e XIX, investiga que é o federalismo e explica por que Castelao
pensa que a solución federal é a mellor para España e, especialmente, para
Galiza, Euskadi e Cataluña.
3.b) Nos
apartados XX a XXVI Castelao trata de varios asuntos: a emigración, a actitude
de certos "españolistas" a respecto de Galiza ou a cuestión
lingüistica. Le estes apartados, indica onde se fala sobre eles (ou outros que
atopes) e explica cal é a opinión do autor.
4. Libro III: esta parte
do libro foi escrita 1943. O desenvolvemento da II Guerra Mundial facía pensar
que o futuro de España dependía do seu desenlace: a derrota do Eixo
nazi-fascista polas potencias democráticas aliadas e a URSS suporía a caída da
ditadura de Franco, e a conseguinte volta da República. A historia posterior
demostrou que as cousas non ían ser así.
4.a) Le os
apartados I e II e explica cales son as circunstancias de Castelao, e a súa
actitude a respecto da II República logo de todo o que pasou.
4.b) Le os
apartados III, IV, VIII e XVII, explica a contraposición entre Galiza e
Castela que fai Castelao e en que elementos a apoia.
4.c) Le os
apartados XVIII, XIX, XX e XXI, relativos a Portugal, e explica a relación que
o autor establece entre este país, Galiza e España.
4.d) Nos
apartados XXV a XXXII Castelao fai un repaso aos acontecementos históricos que
marcaron o proceso de sometemento de Galiza á coroa de Castela/España desde o
século XV. Le estes apartados e resume eses feitos de forma ordenada.
Sem comentários:
Enviar um comentário