quarta-feira, 20 de novembro de 2019
Ficha de lectura para a FPB
PRIMEIRO PARÁGRAFO (INTRODUCIÓN)
Eu lin… (aquí pos o título do libro) de (o autor).
Explicas brevemente quen é o autor (de onde é, cando naceu e morreu, se gañou premios, etc.).
Cando foi escrito o libro que ti liches.
Editorial que o publicou.
SEGUNDO PARÁGRAFO (ARGUMENTO)
Resume o argumento. Faino brevemente, non tes que contar absolutamente todo o que pasa.
TERCEIRO PARÁGRAFO (PERSONAXES)
Describe aos personaxes principais.
CUARTO PARÁGRAFO (OPINIÓN PERSOAL)
Dá a túa opinión persoal sobre o libro.
- Que é o que máis che gustou da historia? Por que?
- Que é o que menos? Por que?
- Que personaxes gustáronche máis? Por que?
- Que nota poñeríaslle?
- Recomendaríasllo a alguén? Por que?
quinta-feira, 14 de novembro de 2019
A cidade romana
INGENIERÍA ROMANA (até min. 14:00)
1. Que factores decidían a localización dunha cidade romana?
2. Por que era importante a auga?
3. Como conseguían os romanos
subministro de auga para a cidade?
4. Para que eran os acueductos?
5. De que pobo copian os romanos o ritual para fundar unha cidade?
6. En que consistía ese ritual?
7. Que se facía na inauguratio?
8. Como se marcaba o lugar que
ocuparía a muralla?
9. Cal era a función do mensor?
10. Que deuses formaban a Tríada Capitolina?
11. Que era o foro?
12. Que cidades do Imperio non teñen
a estrutura clásica?
13. Que provocou que moitas cidades
romanas non chegasen ata hoxe?
14. Cal foi a primeira cidade
romana fundada na Península? Como se chama hoxe?
DESMONTANDO GALICIA (até min.
17:00)
1. En honor de que emperador foiu
fundada a cidade de Lugo?
2. Ata que momento se utilizou a
cidade para defender a cidade?
3. Canto mide a muralla?
4. Canto tardou en construírse?
5. Con que material está feita a
muralla?
6. De onde saían os materiais para
a muralla?
7. Quen eran as ninfas? Onde vivían?
8. Que poder pensaban os romansoq
ue tiñan as ninfas?
9. Que eran as aras?
terça-feira, 12 de novembro de 2019
Os textos expositivos
Os textos expositivos son aqueles que presentan ou explican información.
ACTIVIDADE: Di se os seguintes textos son expostivos ou non. Xustifica a túa resposta.
Texto 1
Os flamencos son aves gregarias altamente especializadas, que habitan sistemas salinos de onde obteñen o seu alimento (composto xeralmente de algas microscópicas e invertebrados) e materiais para desenvolver os seus habitos reprodutivos.
Texto 2
Creo que o baño, a humillación e a clase mestra que deu o FC Barcelona ao Real Madrid no derbi poden ser mesmo positivos para o madridismo, que xa se vía superando ao mellor equipo de todos os tempos sen baixarse do autocar.
Os elementos do texto expositivo son:
* Tema: o asunto do que trata o texto expositivo. * Ideas principais: o máis importante que nos comunica o texto, a información esencial.
* Ideas secundarias: é o anecdótico, o complementario.
ACTIVIDADE: Identifica os elementos do texto expositivo no seguinte texto:
A carie dental apareceu moi pronto na historia da humanidade: observáronse lesións provocadas por caries en dentes humanos que datan do Paleolítico e do Neolítico. As grandes civilizacións da Antigüedad preocupáronse dos problemas dentais: os papiros exipcios describen tratamentos, extraccións e próteses. Os antigos hebreos coidábanse os dentes, e o Talmud insiste na necesidade da hixiene bucal. Os gregos, con Hipócrates, chamaron a atención acerca dos restos alimenticios que quedan nos dentes e poden provocar a carie. Os fenicios e os etruscos, á súa vez, aprenderon as artes dentais dos exipcios. Despois dos traballos do norteamericano Keyes, nos anos cincuenta, sábese que se poden reagrupar os factores que orixinan a carie dental en tres grandes grupos: factores relacionados cos dentes propiamente devanditos, factores relacionados cos hidratos de carbono dos alimentos (azucres) e factores relacionados coas bacterias. É necesaria a conxunción dos tres tipos de factores para que apareza a carie.
A estructura do texto expositivo pode ser:
a) sintetizante: o tema está ao final.
b) analizante: o tema está ao principio.
ACTIVIDADE: Sinala a estructura dos textos expositivos que temos visto até o de agora.

Subscrever:
Mensagens (Atom)