terça-feira, 12 de novembro de 2019

Os textos expositivos

Os textos expositivos son aqueles que presentan ou explican información.

ACTIVIDADE: Di se os seguintes textos son expostivos ou non. Xustifica a túa resposta.

Texto 1
Os flamencos son aves gregarias altamente especializadas, que habitan sistemas salinos de onde obteñen o seu alimento (composto xeralmente de algas microscópicas e invertebrados) e materiais para desenvolver os seus habitos reprodutivos.

Texto 2
Creo que o baño, a humillación e a clase mestra que deu o FC Barcelona ao Real Madrid no derbi poden ser mesmo positivos para o madridismo, que xa se vía superando ao mellor equipo de todos os tempos sen baixarse do autocar.



Os elementos do texto expositivo son:

* Tema: o asunto do que trata o texto expositivo. * Ideas principais: o máis importante que nos comunica o texto, a información esencial.
* Ideas secundarias: é o anecdótico, o complementario.

ACTIVIDADE: Identifica os elementos do texto expositivo no seguinte texto:

A carie dental apareceu moi pronto na historia da humanidade: observáronse lesións provocadas por caries en dentes humanos que datan do Paleolítico e do Neolítico. As grandes civilizacións da Antigüedad preocupáronse dos problemas dentais: os papiros exipcios describen tratamentos, extraccións e próteses. Os antigos hebreos coidábanse os dentes, e o Talmud insiste na necesidade da hixiene bucal. Os gregos, con Hipócrates, chamaron a atención acerca dos restos alimenticios que quedan nos dentes e poden provocar a carie. Os fenicios e os etruscos, á súa vez, aprenderon as artes dentais dos exipcios. Despois dos traballos do norteamericano Keyes, nos anos cincuenta, sábese que se poden reagrupar os factores que orixinan a carie dental en tres grandes grupos: factores relacionados cos dentes propiamente devanditos, factores relacionados cos hidratos de carbono dos alimentos (azucres) e factores relacionados coas bacterias. É necesaria a conxunción dos tres tipos de factores para que apareza a carie.

A estructura do texto expositivo pode ser:

a) sintetizante: o tema está ao final.
b) analizante: o tema está ao principio.

ACTIVIDADE: Sinala a estructura dos textos expositivos que temos visto até o de agora.

Sem comentários:

Enviar um comentário