quinta-feira, 23 de janeiro de 2020

Idade Media


1. Edad Media: ciudades, mercaderes y artesanos

1. Que sucede coas vías de comunicación romana durante a Idade Media?
2. Como e por onde se desprazaba a xente na Idade Media?
3. Que lugares comunicaban as estradas medievais?
4. Que sucede en Europa a partir dos séculos IX e X?
5. Que lles pasa ás cidades nesta etapa?
6. En que época houbo grandes epidemias? De que enfermidade?
7. Que institucións culturais aparecen nas cidades?
8. Cales son as causas das guerras neste período?
9. Cal é a distancia máxima que se pode avanzar nun día polos camiños medievais?
10. Por que non se viaxa á noite? Onde pasan a noite os viaxeiros?
11. Como evolucionan as murallas das cidades?
12. Cando se pode acceder ás cidades medievais? Por que?
13. Que lles permite aos habitantes das cidades o acceso a través das portas?
14. Que consecuencias ten a necesidade de espazos novos nas cidades?
15. Por que motivo as portas das cidades costeiras dan directamente ao mar?
16. Por que se fai máis importante o papel do mercader a partir do século X?
17. Con que produto comerciaban os venecianos? Por que era importante para a igrexa?
18. En que época aparecen os primeiros reloxos?

(19:00)

19. Cando aparecen e que eran as "cofradías" (confrarías)?

20. Para que servían as confrarías?

21. Como se entraba nunha confraría?

22. Cales son as consecuencias da crise dos séculos XIII e XIV?

23. Que dous motivos explican o maior uso das moedas a partir do século XI?

24. Por que motivo Italia ten grande importancia na época?

25. En que cidades se acuñan as primeiras moedas de ouro?

26. Que moedas circulaban antes das italianas?

27. Que características da nobreza adoptan os comerciantes?

28. Que característica arquitectónica teñen os edificios das cidades italianas?

29. Por que aparecen os "ayuntamientos" ou concellos?

(salto 33:00- 35:00)

30. Por que é importante a auga para as cidades?

31. Como se facían ao principio as pontes?

32. Como eran as tabernas?

33. Quen as frecuentaba? Que provocaba isto?

34. Por que aparecen os burdeles (bordeis)?

35. Como se vingaban as mulleres enganadas polos seus homes das prostitutas?

36. Por que se regula a prostitución a partir do século XIV?

37. Cales eran as profesións peor consideradas?

38. Que se facía cos enfermos e lisiados?

39. Onde se castigaba ou executaba criminais? Por que?

40. Cita algúns dos castigos da época.
(41:00)


41. Quen se encargaba de informar sobre castigos e execucións? Como chamaba a atención das persoas?

42. Por que eran sucias as rúas das cidades medievais?

43. Que parte da poboación das cidades estaba formada por pobres e mendigos?

44. Cal se consideraba que era a función dos pobres na sociedade?

45. Como se separaban os espazos nas casas medievais?

46. Como se organizaban os artesáns dos diferentes oficios nas cidades?






2. A cidade medieval.


https://www.youtube.com/watch?v=Ee7z0k7TXwY
1. Como se accedía ás cidades medievais?
2. Como son as rúas?
3. Como se organizaban os habitantes das cidades?
4. Que tres relixións convivían nas cidades medievais?
5. Como eran as casas musulmás?
6. Que actividades se desenvolvían nas terrazas das casas?
7. Onde se reunían os homes nestas casas?
8. En que espazo da cidade se reunían os habitantes do barrio musulmán?
9. Por que eran importante a limpeza para os musulmáns?
10. Que eran as "juderías"?
11. Que é a sinagoga?
12. Que funcións desempeña o rabino?
13. Por que o ferreiro é o artesán máis importante?
14. Que outro artesán era moi importante? Por que? 

3. Reino de Galiza

https://www.youtube.com/watch?v=MggxZH-EHPw 


segunda-feira, 20 de janeiro de 2020

O reino suevo da Galiza


1) Que tres tribus entran en Hispania?
2) Que reino se asenta e crea un reino independente en Gallaecia?
3) Cal é o primeiro reino medieval de Occidente?
4) Cando xurden os reinos medievais?
5) Que significa bárbaro?
6) Como eran as relacións entre bárbaros e romanos?
7) Que contactos tiñan os bárbaros e os romanos?
8) Onde estaban asentados os suevos antes da chegada á Penínsuloa?7
9) Que pasou un día de inverno do ano 406? Que consecuencias tivo?
10) Que provocou as migracións dos bárbaros cara occidente?
11) Por que se reforzaron as cidades e as murallas a finais do século IV?
12) Que se une aos bárbaros nas migracións cara occidente?
13) Cal foi o único grupo bárbaro que se asenta na Península?

Até o minuto 20, aproximadamente.

14) Como foi a chegada dos suevos á Península? Con quen chocaron?
15) Que grupo suevo foi o que chegou a Gallaecia?
16) Como era Galicia cando chegaron os suevos?
17) En que ano se crea o reino suevo da Galiza?
18) Como se reparten as terras cos suevos?
19) Por que Roma non pon impedimentos para o establecemento dos suevos?
20) Que sucede entre os suevos e os vándalos trala marcha dos visigodos enviados por Roma?
21) Que fai Roma con respecto a este conflicto?
22) Que pasa cos vándalos?
23) Por que quedaron estigmatizados os vándalos e por que hoxe empregamos vándalo de xeito pexorativo?

Até o minuto 35 aprox.

Podemos saltar até o 39.30

24) Por que mandaba tanto o rei suevo?
25) Por onde se extenden o suevos trala caída do Imperio Romano?
26) Por que é importante a conversión ao catolicismo?
27) Cal é o rei que se converte ao caotolicismo e o primeiro nacido en Galiza?
28) Cando é momento de máxima expansión dos suevos?

Até o minuto 43. Saltamos até o minuto 50 ou o deixamos, pero sen preguntas.

29) Que leva ao novo conflito entre os suevos e os visigodos?
30) Que supuxo este novo conflito para os suevos? Cales foron as súas consecuencias?
31) Que salva o reino suevo?



quarta-feira, 8 de janeiro de 2020

Historias de Galiza: lingua de reis


Historias de Galicia cap. 5: LINGUA DE REIS, LINGUA DO POBO
 
 
1) En que biblioteca se conserva un exemplar das Cantigas de Santa María?

2) De onde procedían as trobas que se cantaban na corte de Afonso X o sabio?

3) Que reis están soterrados no Panteón Real da catedral de Santiago?

4) Por que escribe Afonso X as Cantigas de Santa María en galego?

5) Onde se conserva o cancioneiro de Ajuda? De cando é e cando se descubriu?

6) Que lingua substituiu o latín nos documentos oficiais de Galicia? Por que motivo?

7) Quen foi o primeiro rei de Portugal?

8) Ata cando se segue a escribir en galego na Idade Media?

9) Que foi o primeiro estudoso da situación do galego no século XVIII?

10) Onde se editou Cantares gallegos de Rosalía de Castro?

11) Que movemento literario e cultural inicia o libro de Rosalía?

12) Que sucede co galego falado na segunda metade do século XIX?

13) Por que se escolleu o 17 de maio como Día das Letras Galegas?