segunda-feira, 20 de janeiro de 2020

O reino suevo da Galiza


1) Que tres tribus entran en Hispania?
2) Que reino se asenta e crea un reino independente en Gallaecia?
3) Cal é o primeiro reino medieval de Occidente?
4) Cando xurden os reinos medievais?
5) Que significa bárbaro?
6) Como eran as relacións entre bárbaros e romanos?
7) Que contactos tiñan os bárbaros e os romanos?
8) Onde estaban asentados os suevos antes da chegada á Penínsuloa?7
9) Que pasou un día de inverno do ano 406? Que consecuencias tivo?
10) Que provocou as migracións dos bárbaros cara occidente?
11) Por que se reforzaron as cidades e as murallas a finais do século IV?
12) Que se une aos bárbaros nas migracións cara occidente?
13) Cal foi o único grupo bárbaro que se asenta na Península?

Até o minuto 20, aproximadamente.

14) Como foi a chegada dos suevos á Península? Con quen chocaron?
15) Que grupo suevo foi o que chegou a Gallaecia?
16) Como era Galicia cando chegaron os suevos?
17) En que ano se crea o reino suevo da Galiza?
18) Como se reparten as terras cos suevos?
19) Por que Roma non pon impedimentos para o establecemento dos suevos?
20) Que sucede entre os suevos e os vándalos trala marcha dos visigodos enviados por Roma?
21) Que fai Roma con respecto a este conflicto?
22) Que pasa cos vándalos?
23) Por que quedaron estigmatizados os vándalos e por que hoxe empregamos vándalo de xeito pexorativo?

Até o minuto 35 aprox.

Podemos saltar até o 39.30

24) Por que mandaba tanto o rei suevo?
25) Por onde se extenden o suevos trala caída do Imperio Romano?
26) Por que é importante a conversión ao catolicismo?
27) Cal é o rei que se converte ao caotolicismo e o primeiro nacido en Galiza?
28) Cando é momento de máxima expansión dos suevos?

Até o minuto 43. Saltamos até o minuto 50 ou o deixamos, pero sen preguntas.

29) Que leva ao novo conflito entre os suevos e os visigodos?
30) Que supuxo este novo conflito para os suevos? Cales foron as súas consecuencias?
31) Que salva o reino suevo?



Sem comentários:

Enviar um comentário