quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

A costa galega


 Na seguinte ligazón podedes acceder a un documental da TVE sobre a costa galega. E na parte de abaixo da páxina a outros capítulos da mesma serie sobre diferentes zonas da xeografía de España:


E na TVG teñen estoutro documental dunha serie sobre a costa galega:

Acento diacrítico español

Ligazóns aos exercicios:

http://www.espanholtotal.com/gm12.html
http://www.reglasdeortografia.com/acentodiacritico01.html
http://www.reglasdeortografia.com/acentorecopi01.html
http://www.e-gaztelania.net/Materialesaula/dbh2/tema%206/ortograf2.htm
http://www.unameseca.com/ejercicios-unam-canada/Basico_3/acento_diacritico_B3_E.htm

Método de traballo:
1. Clicades en cada unha das páxinas.
2. Facedes os exercicios.
3. Corrixides e ides copiando na libreta os erros que cometedes.

quinta-feira, 13 de dezembro de 2012

Recursos Literatura: Bibliotecas Virtuais

Na rede existen bibliotecas virtuais, é dicir, lugares nos que se poden consultar todas ou algunhas das obras dos autores máis destacados. Ademais, inclúen fichas con información biográfica -vida- e bibliográfica -publicacións- que poden servos de axuda.

A biblioteca de literatura española depende do Instituto Cervantes, e aínda que non é a máis fácil de utilizar, con paciencia podedes acceder aos contidos dos diferentes autores. Para comezar, clicade na ligazón de abaixo e logo na columna da esquerda, onde di BIBLIOTECA DE AUTORES clicades no signo +. A continuación, escolledes o nome do autor que vos interese da lista que aparece:


E para a literatura galega, como aínda non creamos o Instituto Rosalía, hai que ir á biblioteca que organizou o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. A Biblioteca Virtual Galega (BVG) preséntase como un ficheiro dos antigos, con caixóns, e só hai que facer clic neles para ir consultando as fichas dos autores e obras:



quarta-feira, 31 de outubro de 2012

A evolución das linguas na Península



NESTA animación pódese ver como desde o ano 1000 os romances peninsulares (galego-portugués, astur-leonés, castelán-andaluz, aragonés e catalán-valenciano) e o euskera van modificando os seus territorios orixinarios e desprazando o árabe e mozárabe falados no sur.
Reparade en como o romance central (castelán) vai ocupando o espazo das linguas veciñas até facelas desaparecer (astur-leonés, aragonés) ou convivindo con elas nunha situación de "bilingüísmo" (representado polos territorios a raias: galego, catalán-valenciano, euskera)
E isto non pasou só aquí: a lingua foi tamén compañeira do Imperio en Francia, onde o romance occitano -no sul- viuse reducido até case desaparecer pola presión do francés.

sexta-feira, 19 de outubro de 2012

Textos xornalísticos: A REPORTAXE

Para facilitarvos o traballo, e poidades ver o material gráfico -fotografías- que acompañan os textos que vos entreguei na clase, nas seguintes ligazóns podedes acceder ás súas páxinas de orixe:

TEMPOS NOVOS: a emigración

TIEMPO: Alemania