quarta-feira, 31 de outubro de 2012

A evolución das linguas na Península



NESTA animación pódese ver como desde o ano 1000 os romances peninsulares (galego-portugués, astur-leonés, castelán-andaluz, aragonés e catalán-valenciano) e o euskera van modificando os seus territorios orixinarios e desprazando o árabe e mozárabe falados no sur.
Reparade en como o romance central (castelán) vai ocupando o espazo das linguas veciñas até facelas desaparecer (astur-leonés, aragonés) ou convivindo con elas nunha situación de "bilingüísmo" (representado polos territorios a raias: galego, catalán-valenciano, euskera)
E isto non pasou só aquí: a lingua foi tamén compañeira do Imperio en Francia, onde o romance occitano -no sul- viuse reducido até case desaparecer pola presión do francés.

Sem comentários:

Enviar um comentário