quinta-feira, 13 de dezembro de 2012

Recursos Literatura: Bibliotecas Virtuais

Na rede existen bibliotecas virtuais, é dicir, lugares nos que se poden consultar todas ou algunhas das obras dos autores máis destacados. Ademais, inclúen fichas con información biográfica -vida- e bibliográfica -publicacións- que poden servos de axuda.

A biblioteca de literatura española depende do Instituto Cervantes, e aínda que non é a máis fácil de utilizar, con paciencia podedes acceder aos contidos dos diferentes autores. Para comezar, clicade na ligazón de abaixo e logo na columna da esquerda, onde di BIBLIOTECA DE AUTORES clicades no signo +. A continuación, escolledes o nome do autor que vos interese da lista que aparece:


E para a literatura galega, como aínda non creamos o Instituto Rosalía, hai que ir á biblioteca que organizou o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. A Biblioteca Virtual Galega (BVG) preséntase como un ficheiro dos antigos, con caixóns, e só hai que facer clic neles para ir consultando as fichas dos autores e obras:



Sem comentários:

Enviar um comentário