Un texto escrito emprega palabras e signos de puntuación para transmitir a información.
Un texto oral é un pouco máis complexo. Emprega palabras, paralinguaxe (a voz, entoación, volume, velocidade, ritmo), kinésica (movementos e xestos corporais) e proxémica (distancia entre os interlocutores).
O texto ou audiovisual é moito máis complexo.
Vemos un fragmento do Resplandor:
Pregunta: por onde nos chega a información aquí?
Actividades de desenvolvemento:
Traballamos de forma individual.
Vemos a mesma secuencia, pero sen volume.
Pregunta: que sei eu do que está a pasar polas imaxes? Pero ollo, só coas imaxes.
Voltamos a ver a secuencia con volume.
Pregunta: que podo saber polos diálogos?
E finalmente facemos o mesmo coa música.
Actividade de desenvolvemente (para entregar):
Vemos o comezo de Stranger Things.
Preguntas (resposta por separado):
a) que información nos transmiten as imaxes?
b) Que información nos transmiten as palabras?
c) Que información nos transmite a música?
d) Que información nos transmiten os textos?

Sem comentários:
Enviar um comentário