Tipos de plano de acordo co seu encadre:
Plano Xeral: Son imaxes nas que se tenta capturar a maior parte da escena posible. Normalmente adóitanse facer co máximo angular que nos permita o obxectivo.
Plano Figura: No plano figura o suxeito ocupa todo o encadre da foto, da cabeza ata os pés, tamén chamado «plano enteiro».
Plano Americano: escolleriamos as zonas da cabeza á parte superior do xeonllo.
Plano medio: Nunha figura humana o corte situaríase máis ou menos sobre a cintura.
Primeiro plano: o rostro enteiro dun personaxe.
Primerísimo Primeiro Plano: o plano ocupa desde o queixo ou mentón aproximadamente ata a metade da fronte ou un pouco por encima dela.
Plano detalle: non se centra no suxeito completo, se non nun elemento que suxeite, un complemento, un só ollo, beizos, etc.
![Resultado de imagen de plano detalle cine](https://undostresd.files.wordpress.com/2009/07/vuelo-phoenix-pdetall01.jpg)
TIPOS DE PLANOS SEGUNDO A SÚA ANGULACIÓN
A angulación é a inclinación desde a que se representa ou debuxa a realidade.
Frontal: A cámara ou os ollos do espectador sitúanse á altura da cabeza dos personaxes.
Picado. A cámara sitúase por encima do obxecto ou do personaxe, de maneira que este vese desde arriba.
Contrapicado. A cámara sitúase por baixo do obxecto ou do personaxe. O eixo óptico da suposta cámara apunta cara arriba.
Cenital: a cámara sitúase completamente por encima do personaxe, nun ángulo tamén perpendicular.
Nadir: a cámara sitúase completamente por baixo do personaxe, nun ángulo perpendicular ao chan.
Plano holandés: a cámara está lixeiramente inclinada, polo regular a un ángulo de 45 graos.
Plano dorsal: Colle a un personaxe de costas.
Plano Escorzo: é un dos planos máis utilizados no cinema para as conversacións de dúas persoas. Na escena aparecería a persoa que escoita de costas e a que fala de fronte co rostro á vista, coa cámara colocada a uns 45º do suxeito.
Actividade: Sinala o tipo de plano: pincha aquí
Actividade: Vemos o comezo de The Walking Dead:
Sinala todos os planos que hai nesta secuencia.
Pregunta: Qué información nos chega en cada plano? Atopas algún patrón?
Actividade de amplicación: Crea un cómic ou o story board dunha curtametraxe. Xustifica por que empregas cada plano.
Sem comentários:
Enviar um comentário