Bloque 1. Comunicación oral: falar e
escoitar
B1.1.
Comprensión, interpretación e valoración de textos orais e audiovisuais de
natureza diversa
B1.2.
Comprensión interpretación e valoración de textos expositivos e argumentativos
sobre temas especializados do ámbito educativo
B1.3. Comprensión interpretación e valoración de textos orais procedentes
dos medios de comunicación social (xéneros informativos e de opinión, e da
publicidade).
B1.4. Desenvolvemento das habilidades de escoita activa, cunha actitude
de interese, de cooperación e de respecto.
B1.5.
Produción (planificación e execución de textos orais relacionados con algún
contido do currículo ou tema de actualidade) adecuada á situación comunicativa,
con coherencia, cohesión, corrección, coa axuda das TIC, así como de elementos
non verbais e con control das emocións ao falar en público.
B1.6.
Produción de discursos orais, en intervencións espontáneas, adecuados á
situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e
corrección.
B1.7.
Exposición oral de textos expositivos e argumentativos do ámbito educativo e de
divulgación científica e cultural.
B1.9. Participación en interaccións orais sobre temas de interese
persoal ou social ou asuntos da vida cotiá, en diferentes rexistros
B1.10. Aplicación dos coñecementos gramaticais á avaliación e mellora da
expresión oral e recoñecemento en exposicións orais propias e alleas das
dificultades expresivas
B1.11. Participación nas producións orais cunha fonética e prosodia
correcta, valoración desta pronuncia e actitude crítica ante os prexuízos que
se poidan asociar a ela
Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e
escribir
B2.1. Comprensión e produción de textos propios dos ámbitos educativo,
xornalístico, profesional e empresarial con axuda de estratexias e coñecementos
lingüísticos, sociolingüísticos e pragmáticos
B2.2.
Planificación, produción e revisión de textos de distintos ámbitos adecuados,
coherentes e ben cohesionados; axustados ás normas morfolóxicas e gramaticais e
ben presentados.
B2.3.
Produción de traballos educativos individuais e en grupo sobre temas polémicos
do currículo ou da actualidade social, científica e cultural.
B2.4.
Análise e comentario de textos expositivos e argumentativos propios dos ámbitos
educativo, xornalístico, profesional e empresarial
B2.5.
Busca e selección de información procedente de fontes bibliográficas e dixitais
e posterior organización e revisión das producións cos recursos que ofrecen as
TIC.
B2.6.
Descrición das propiedades do texto e análise, nas producións propias e alleas,
dos procedementos lingüísticos básicos de adecuación, coherencia e cohesión.
Bloque 3.
Funcionamento da lingua
B3.1. Pronuncia
correcta dos fonemas propios do galego e das transformacións fonéticas que se
dan nas palabras ao longo da cadea falada
B3.2.
Coñecemento e explicación das variedades dialectais de Galicia
B3.3.
Análise e explicación do léxico e dos seus procedementos de formación
B3.4.
Observación, reflexión e explicación das unidades e funcións sintácticas
B3.5.
Reflexión e explicación das relacións e unidades semánticas
B3.6.
Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos,
carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas,
tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos
elementos transversais e nos que se eviten estereotipos
lingüísticos ou culturais
B3.7.
Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para
desenvolver unha competencia comunicativa integrada.
Bloque 4. Lingua e sociedade
B4.1.
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos
B4.2.
Elaboración de traballos individuais e/ou en grupo nos que se describan e
analicen cuestións sociolingüísticas
B4.3.
Construción da variante estándar da lingua galega
B4.4.
Interferencias lingüísticas: castelanismos
B4.5.
Historia da lingua: galego moderno (desde 1916 ata 1978); contexto histórico e
cultural; situación sociolingüística e características lingüísticas
B4.6.
Historia da lingua: galego moderno (desde 1978 ata a actualidade); contexto
histórico e cultural; situación sociolingüística; situación legal e
características lingüísticas
B4.7.
Elaboración dunha descrición esquemática na que se detallen as diferentes
etapas da historia da lingua galega e as súas principais características
B4.8.
A evolución da conciencia lingüística.
Bloque 5. Educación literaria
B5.1.
Literatura galega de 1916 a 1936:
– Poesía: autores/as de Vangarda e outros/as
autores/as.
– Prosa: autores/as das Irmandades, o Grupo
Nós (narrativa e ensaio) e outros/as autores/as.
– Teatro: autores/as das Irmandades,
Vangardas e Grupo Nós
B5.2. Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega
de 1916 a 1936, identificación das súas características temáticas e formais e
relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que pertencen
B5.3.
Literatura galega entre 1936 e 1975:
– Poesía: produción bélica e autores/as do exilio. A Xeración de 1936,
a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais.
– Prosa: produción bélica e autores/as do exilio. Os renovadores da
prosa: Ánxel Fole, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro e Xosé Neira Vilas. A
Nova Narrativa Galega. Autores/as dos primeiros 70.
– Teatro: o teatro do exilio, a Xeración dos
50 e o Grupo de Ribadavia
B5.4.
Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega de 1936 a
1975, identificación das súas características temáticas e formais e relación co
contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que pertencen
▪ B5.5. Literatura galega de 1975 ata a actualidade:
– Poesía: temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das
principais autores/as dos 80, os 90 e o novo século.
– Prosa: temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das principais
autores/as dos 80, os 90 e o novo século.
Teatro:
temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das principais autores/as dos 80,
os 90 e o novo século
B5.6.
Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega de 1975 á
actualidade, identificación das súas características temáticas e formais e
relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que
pertencen
B5.7.
Análise e comentario, a través de probas escritas ou traballos, cando menos
dunha obra completa de cada un dos períodos literarios referidos