Identidade
cultural
é o conxunto de valores, tradicións, símbolos,
crenzas
e modos de comportamento
que funcionan como elementos dentro dun grupo social e que actúan
para que os individuos
que o forman poidan fundamentar o seu sentimento
de pertenza, que forman parte da diversidade no interior das mesmas
en resposta aos intereses, códigos, normas e rituais que comparten
ditos grupos dentro da cultura
dominante.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Identidade_cultural
Identidade
nacional
é o conceito que sintetiza um conjunto de sentimentos, os quais
fazem um indivíduo sentir-se parte integrante de uma sociedade
ou nação.
Esse conceito começa a ser definido somente a partir do século
XVIII, e se consolida no século XIX, não havendo, antes disso, a
concepção de nação propriamente dita. Ela é construída por meio
de uma autodescrição da cultura patrimonial de uma sociedade, que
se pode apresentar a partir de uma consciência de unidade
identitária ou como forma de alteridade, no seculo XVIII buscando
demonstrar a diferença com relação a outras culturas. A síntese
da cultura consiste na definição de fatores de integração
nacional, baseados na língua, monumentos históricos, folclore,
modelos de virtudes nacionais, paisagem típica, série de heróis,
hino e bandeira.
https://pt.wikipedia.org/wiki/Identidade_nacional
We
define “nation-building”
as a process which leads to the formation of countries in which the
citizens feel a sufficient amount of commonality of interests, goals
and preferencesso that they do not wish to separate from each other.
"Nation
building" Alesina, Alberto & Bryony Reich
(https://scholar.harvard.edu/files/alesina/files/nation_building_feb_2015_0.pdf)
De
Provincia a Nación. Historia do Galeguismo político
Justo
Beramendi. Xerais, 2007
A
dimensión ideolóxica, a máis rica no galeguismo dende o seu
nacemento ata 1931- 1936, esixe sempre, pola súa complexidade, un
modelo analítico específico. O punto de partida do modelo (...)
parte dunha conceptualización das ideoloxías
como sistemas articulados de ideas (IDEOLOXEMAS)
que, no caso concreto das ideoloxías nacionalistas, están
presididas polo concepto ideolóxico de nación propia. Este concepto
non é un elemento ideal simple senón unha sorte de subsistema
formado por catro grupos de elementos que, para salientar que estamos
tratando con ideas
e non con cousas,
denomino referentes.
O
máis importante, o referente propio ou
afirmativo
é o concepto ideolóxico de nación en sentido estrito pois contén
todo o que a define como tal, así como a visión da súa xénese.
Está formado, á súa vez, por por varios elementos ideais
constitutivos do ser nacional: a) a etnicidade
(=
conxunto de caracteres que diferencian unha identidade grupal ou que
configuran unha etnia); b) a historicidade;
c) a estrutura
política;
e d) a estrutura
socio-económica.
Ademais
deste núcleo central que forma o referente afirmativo, están
relacionados co concepto ideolóxico de nación outros tres tipos de
referentes ideais:
-
O referente de negación- oposición
(...): se a nación é concibida en clave etnohistórica e se trata
dunha comunidade incluída nun Estado máis extenso, o referente de
nagación será un Outro
nacional responsable dos males maiores nda nación propia. Nestes
casos, a intensidade da afirmación nacional "nova" é
directamente proporcional á forza de negación da pertenza nacional
"vella".
-
O referente de reintegración
só ten importancia nalgúns casos e é complementario do anterior.
Evoca un suposto ente nacional irmán -en realidade unha parte do
propio- que se separou no pasado, malia pertencer ao mesmo tronco
nacional, polo que cómpre reintegralo ao seo da nación.
-
Por último, os referentes de analoxía
son aqueles entes nacionais cos cales se comparapositivamente o
propio. Adoitan ser numerososo e heteroxéneos. Resultan
analiticamente útiles porque funcionan como modelos emulativos. Pode
haber análogos por afinidade étnica (aquelas nacións que se
consideran do mesmo tronco étnico que a propia), por afinidade
política (cando varios nacionalismos sen Estado se enfrontan ao
mesmo poder central) ou análogos universais (todas as nacións que
loitan pola súa liberdade).
Sem comentários:
Enviar um comentário