terça-feira, 4 de agosto de 2020

Contidos lingua galega e literatura 2º bacharelato


Bloque 1. Comunicación oral: falar e escoitar
B1.1. Comprensión, interpretación e valoración de textos orais e audiovisuais de natureza diversa
B1.2. Comprensión interpretación e valoración de textos expositivos e argumentativos sobre temas especializados do ámbito educativo
B1.3. Comprensión interpretación e valoración de textos orais procedentes dos medios de comunicación social (xéneros informativos e de opinión, e da publicidade).
B1.4. Desenvolvemento das habilidades de escoita activa, cunha actitude de interese, de cooperación e de respecto.
B1.5. Produción (planificación e execución de textos orais relacionados con algún contido do currículo ou tema de actualidade) adecuada á situación comunicativa, con coherencia, cohesión, corrección, coa axuda das TIC, así como de elementos non verbais e con control das emocións ao falar en público.
B1.6. Produción de discursos orais, en intervencións espontáneas, adecuados á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección.
B1.7. Exposición oral de textos expositivos e argumentativos do ámbito educativo e de divulgación científica e cultural.
B1.9. Participación en interaccións orais sobre temas de interese persoal ou social ou asuntos da vida cotiá, en diferentes rexistros
B1.10. Aplicación dos coñecementos gramaticais á avaliación e mellora da expresión oral e recoñecemento en exposicións orais propias e alleas das dificultades expresivas
B1.11. Participación nas producións orais cunha fonética e prosodia correcta, valoración desta pronuncia e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela

Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir
B2.1. Comprensión e produción de textos propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial con axuda de estratexias e coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos e pragmáticos
B2.2. Planificación, produción e revisión de textos de distintos ámbitos adecuados, coherentes e ben cohesionados; axustados ás normas morfolóxicas e gramaticais e ben presentados.
B2.3. Produción de traballos educativos individuais e en grupo sobre temas polémicos do currículo ou da actualidade social, científica e cultural.
B2.4. Análise e comentario de textos expositivos e argumentativos propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial
B2.5. Busca e selección de información procedente de fontes bibliográficas e dixitais e posterior organización e revisión das producións cos recursos que ofrecen as TIC.
B2.6. Descrición das propiedades do texto e análise, nas producións propias e alleas, dos procedementos lingüísticos básicos de adecuación, coherencia e cohesión.

Bloque 3. Funcionamento da lingua
B3.1. Pronuncia correcta dos fonemas propios do galego e das transformacións fonéticas que se dan nas palabras ao longo da cadea falada
B3.2. Coñecemento e explicación das variedades dialectais de Galicia
B3.3. Análise e explicación do léxico e dos seus procedementos de formación
B3.4. Observación, reflexión e explicación das unidades e funcións sintácticas
B3.5. Reflexión e explicación das relacións e unidades semánticas
B3.6. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos elementos transversais e nos que se eviten estereotipos lingüísticos ou culturais
B3.7. Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada.

Bloque 4. Lingua e sociedade
B4.1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos
B4.2. Elaboración de traballos individuais e/ou en grupo nos que se describan e analicen cuestións sociolingüísticas
B4.3. Construción da variante estándar da lingua galega
B4.4. Interferencias lingüísticas: castelanismos
B4.5. Historia da lingua: galego moderno (desde 1916 ata 1978); contexto histórico e cultural; situación sociolingüística e características lingüísticas
B4.6. Historia da lingua: galego moderno (desde 1978 ata a actualidade); contexto histórico e cultural; situación sociolingüística; situación legal e características lingüísticas
B4.7. Elaboración dunha descrición esquemática na que se detallen as diferentes etapas da historia da lingua galega e as súas principais características
B4.8. A evolución da conciencia lingüística.

Bloque 5. Educación literaria
B5.1. Literatura galega de 1916 a 1936:
  Poesía: autores/as de Vangarda e outros/as autores/as.
  Prosa: autores/as das Irmandades, o Grupo Nós (narrativa e ensaio) e outros/as autores/as.
  Teatro: autores/as das Irmandades, Vangardas e Grupo Nós
B5.2. Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega de 1916 a 1936, identificación das súas características temáticas e formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que pertencen
B5.3. Literatura galega entre 1936 e 1975:
  Poesía: produción bélica e autores/as do exilio. A Xeración de 1936, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais.
  Prosa: produción bélica e autores/as do exilio. Os renovadores da prosa: Ánxel Fole, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro e Xosé Neira Vilas. A Nova Narrativa Galega. Autores/as dos primeiros 70.
  Teatro: o teatro do exilio, a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia
B5.4. Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega de 1936 a 1975, identificación das súas características temáticas e formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que pertencen
B5.5. Literatura galega de 1975 ata a actualidade:
  Poesía: temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das principais autores/as dos 80, os 90 e o novo século.
  Prosa: temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das principais autores/as dos 80, os 90 e o novo século.
Teatro: temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das principais autores/as dos 80, os 90 e o novo século
B5.6. Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega de 1975 á actualidade, identificación das súas características temáticas e formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que pertencen
B5.7. Análise e comentario, a través de probas escritas ou traballos, cando menos dunha obra completa de cada un dos períodos literarios referidos

Sem comentários:

Enviar um comentário