segunda-feira, 17 de agosto de 2020

Índice de contidos 2º bacharelato

ÍNDICE DE CONTIDOS

1. SOCIOLINGÜISTICA
1.1. Bilingüísmo e diglosia. Lingua minoritaria e minorizada. Lingua oficial
1.2. Normalización e normativización. Marco legal do galego
1.3. Situación da lingua a comezos do século XX
1.4.  Situación da lingua na II República
1.5.  Situación da lingua despois da Guerra Civil
1.6. Recuperación na Posguerra
1.7.  Situación da lingua nos anos 60- 70
1.8.  Situación da lingua de 1975 á actualidade
1.9. Variantes diatópicas
1.10.             Estandarización: Isolacionismo e Reintegracionismo

2. GRAMÁTICA
2.1 Gramática do texto
2.1.1. Concepto de texto
2.1.2. Coherencia textual
2.1.3. Cohesión textual
2.1.4. Texto oral e escrito
2.1.5. A narración
2.1.6. A descrición
2.1.7. O diálogo
2.1.8. A exposición
2.1.9. A argumentación
2.1.10. Tipoloxía textual (textos humanísticos, xornalísticos, científico-técnicos, xurídico-administrativos, publicitarios)
2.2  Morfosintaxe, semántica e fonética
2.2.1. A lingua como sistema. Sistema fonolóxico do galego
2.2.2. A sílaba e os trazos suprasegmentais. Acento e entoación
2.2.3. A palabra. Clasificación segundo a súa forma e orixe
2.2.4. Semántica
2.2.5. Enunciado, frase e oración
2.2.6.    Clases de oracións: simples, coordinadas, subordinadas

3. LITERATURA
3.1. Literatura, linguaxe literaria e xéneros literarios
3.2. Contexto histórico até 1936
3.2.1. Poesía intersecular e Irmandades da Fala: Noriega Varela e Ramón Cabanillas
3.2.1. Prosa e teatro das Irmandades da Fala
3.2.3. Grupo Nós: narrativa, ensaio e teatro. Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo
3.2.4. Vangarda. Poesía e movementos vangardistas. Manuel Antonio e Amado Carballo
3.3 Contexto histórico: da Posguerra a 1975
3.3.1. Literatura no exilio: narrativa, poesía e teatro.
3.3.2. Poesía de posguerra: xeración de 1936, xeración de enlace e xeración dos 50
3.3.3. Prosa de posguerra: a Nova Narrativa Galega
3.3.4. Teatro: anos 60, 70 e novo teatro independente
3.4. Contexto histórico: de 1975 á actualidade
3.4.1. Poesía dos 80: colectivos poéticos
3.4.2. Poesía dos 90 e experimental
3.4.3. Narrativa de 1975 á actualidade
3.4.4. Teatro de 1975 á actualidade

quinta-feira, 13 de agosto de 2020

Selección textos literatura galega


- Na columna lateral esquerda (SECCIÓNS) aparecen textos e outros materiais de utilidade para traballar os diferentes períodos e autores:
 http://www.blogoteca.com/literalingua/index.php

- A biblioteca virtual galega (BVG). Disponibiliza fragmentos de obras:
http://www.bvg.udc.es/catalogo.jsp?opcion=lectura

- GALICIANA, biblioteca dixital da Galiza. Permite ler obras de autores clásicos:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/inicio/inicio.do


quarta-feira, 5 de agosto de 2020

Identidade cultural, identidade nacional, construción nacional e referentes identitários


Identidade cultural é o conxunto de valores, tradicións, símbolos, crenzas e modos de comportamento que funcionan como elementos dentro dun grupo social e que actúan para que os individuos que o forman poidan fundamentar o seu sentimento de pertenza, que forman parte da diversidade no interior das mesmas en resposta aos intereses, códigos, normas e rituais que comparten ditos grupos dentro da cultura dominante.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Identidade_cultural

Identidade nacional é o conceito que sintetiza um conjunto de sentimentos, os quais fazem um indivíduo sentir-se parte integrante de uma sociedade ou nação. Esse conceito começa a ser definido somente a partir do século XVIII, e se consolida no século XIX, não havendo, antes disso, a concepção de nação propriamente dita. Ela é construída por meio de uma autodescrição da cultura patrimonial de uma sociedade, que se pode apresentar a partir de uma consciência de unidade identitária ou como forma de alteridade, no seculo XVIII buscando demonstrar a diferença com relação a outras culturas. A síntese da cultura consiste na definição de fatores de integração nacional, baseados na língua, monumentos históricos, folclore, modelos de virtudes nacionais, paisagem típica, série de heróis, hino e bandeira. 
https://pt.wikipedia.org/wiki/Identidade_nacional
We define “nation-building” as a process which leads to the formation of countries in which the citizens feel a sufficient amount of commonality of interests, goals and preferencesso that they do not wish to separate from each other.
"Nation building" Alesina, Alberto & Bryony Reich (https://scholar.harvard.edu/files/alesina/files/nation_building_feb_2015_0.pdf)


De Provincia a Nación. Historia do Galeguismo político
Justo Beramendi. Xerais, 2007
A dimensión ideolóxica, a máis rica no galeguismo dende o seu nacemento ata 1931- 1936, esixe sempre, pola súa complexidade, un modelo analítico específico. O punto de partida do modelo (...) parte dunha conceptualización das ideoloxías como sistemas articulados de ideas (IDEOLOXEMAS) que, no caso concreto das ideoloxías nacionalistas, están presididas polo concepto ideolóxico de nación propia. Este concepto non é un elemento ideal simple senón unha sorte de subsistema formado por catro grupos de elementos que, para salientar que estamos tratando con ideas e non con cousas, denomino referentes.
O máis importante, o referente propio ou afirmativo é o concepto ideolóxico de nación en sentido estrito pois contén todo o que a define como tal, así como a visión da súa xénese. Está formado, á súa vez, por por varios elementos ideais constitutivos do ser nacional: a) a etnicidade (= conxunto de caracteres que diferencian unha identidade grupal ou que configuran unha etnia); b) a historicidade; c) a estrutura política; e d) a estrutura socio-económica.
Ademais deste núcleo central que forma o referente afirmativo, están relacionados co concepto ideolóxico de nación outros tres tipos de referentes ideais:
- O referente de negación- oposición (...): se a nación é concibida en clave etnohistórica e se trata dunha comunidade incluída nun Estado máis extenso, o referente de nagación será un Outro nacional responsable dos males maiores nda nación propia. Nestes casos, a intensidade da afirmación nacional "nova" é directamente proporcional á forza de negación da pertenza nacional "vella".
- O referente de reintegración só ten importancia nalgúns casos e é complementario do anterior. Evoca un suposto ente nacional irmán -en realidade unha parte do propio- que se separou no pasado, malia pertencer ao mesmo tronco nacional, polo que cómpre reintegralo ao seo da nación.
- Por último, os referentes de analoxía son aqueles entes nacionais cos cales se comparapositivamente o propio. Adoitan ser numerososo e heteroxéneos. Resultan analiticamente útiles porque funcionan como modelos emulativos. Pode haber análogos por afinidade étnica (aquelas nacións que se consideran do mesmo tronco étnico que a propia), por afinidade política (cando varios nacionalismos sen Estado se enfrontan ao mesmo poder central) ou análogos universais (todas as nacións que loitan pola súa liberdade).

terça-feira, 4 de agosto de 2020

Contidos lingua galega e literatura 2º bacharelato


Bloque 1. Comunicación oral: falar e escoitar
B1.1. Comprensión, interpretación e valoración de textos orais e audiovisuais de natureza diversa
B1.2. Comprensión interpretación e valoración de textos expositivos e argumentativos sobre temas especializados do ámbito educativo
B1.3. Comprensión interpretación e valoración de textos orais procedentes dos medios de comunicación social (xéneros informativos e de opinión, e da publicidade).
B1.4. Desenvolvemento das habilidades de escoita activa, cunha actitude de interese, de cooperación e de respecto.
B1.5. Produción (planificación e execución de textos orais relacionados con algún contido do currículo ou tema de actualidade) adecuada á situación comunicativa, con coherencia, cohesión, corrección, coa axuda das TIC, así como de elementos non verbais e con control das emocións ao falar en público.
B1.6. Produción de discursos orais, en intervencións espontáneas, adecuados á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección.
B1.7. Exposición oral de textos expositivos e argumentativos do ámbito educativo e de divulgación científica e cultural.
B1.9. Participación en interaccións orais sobre temas de interese persoal ou social ou asuntos da vida cotiá, en diferentes rexistros
B1.10. Aplicación dos coñecementos gramaticais á avaliación e mellora da expresión oral e recoñecemento en exposicións orais propias e alleas das dificultades expresivas
B1.11. Participación nas producións orais cunha fonética e prosodia correcta, valoración desta pronuncia e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela

Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir
B2.1. Comprensión e produción de textos propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial con axuda de estratexias e coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos e pragmáticos
B2.2. Planificación, produción e revisión de textos de distintos ámbitos adecuados, coherentes e ben cohesionados; axustados ás normas morfolóxicas e gramaticais e ben presentados.
B2.3. Produción de traballos educativos individuais e en grupo sobre temas polémicos do currículo ou da actualidade social, científica e cultural.
B2.4. Análise e comentario de textos expositivos e argumentativos propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial
B2.5. Busca e selección de información procedente de fontes bibliográficas e dixitais e posterior organización e revisión das producións cos recursos que ofrecen as TIC.
B2.6. Descrición das propiedades do texto e análise, nas producións propias e alleas, dos procedementos lingüísticos básicos de adecuación, coherencia e cohesión.

Bloque 3. Funcionamento da lingua
B3.1. Pronuncia correcta dos fonemas propios do galego e das transformacións fonéticas que se dan nas palabras ao longo da cadea falada
B3.2. Coñecemento e explicación das variedades dialectais de Galicia
B3.3. Análise e explicación do léxico e dos seus procedementos de formación
B3.4. Observación, reflexión e explicación das unidades e funcións sintácticas
B3.5. Reflexión e explicación das relacións e unidades semánticas
B3.6. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos elementos transversais e nos que se eviten estereotipos lingüísticos ou culturais
B3.7. Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada.

Bloque 4. Lingua e sociedade
B4.1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos
B4.2. Elaboración de traballos individuais e/ou en grupo nos que se describan e analicen cuestións sociolingüísticas
B4.3. Construción da variante estándar da lingua galega
B4.4. Interferencias lingüísticas: castelanismos
B4.5. Historia da lingua: galego moderno (desde 1916 ata 1978); contexto histórico e cultural; situación sociolingüística e características lingüísticas
B4.6. Historia da lingua: galego moderno (desde 1978 ata a actualidade); contexto histórico e cultural; situación sociolingüística; situación legal e características lingüísticas
B4.7. Elaboración dunha descrición esquemática na que se detallen as diferentes etapas da historia da lingua galega e as súas principais características
B4.8. A evolución da conciencia lingüística.

Bloque 5. Educación literaria
B5.1. Literatura galega de 1916 a 1936:
  Poesía: autores/as de Vangarda e outros/as autores/as.
  Prosa: autores/as das Irmandades, o Grupo Nós (narrativa e ensaio) e outros/as autores/as.
  Teatro: autores/as das Irmandades, Vangardas e Grupo Nós
B5.2. Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega de 1916 a 1936, identificación das súas características temáticas e formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que pertencen
B5.3. Literatura galega entre 1936 e 1975:
  Poesía: produción bélica e autores/as do exilio. A Xeración de 1936, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais.
  Prosa: produción bélica e autores/as do exilio. Os renovadores da prosa: Ánxel Fole, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro e Xosé Neira Vilas. A Nova Narrativa Galega. Autores/as dos primeiros 70.
  Teatro: o teatro do exilio, a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia
B5.4. Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega de 1936 a 1975, identificación das súas características temáticas e formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que pertencen
B5.5. Literatura galega de 1975 ata a actualidade:
  Poesía: temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das principais autores/as dos 80, os 90 e o novo século.
  Prosa: temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das principais autores/as dos 80, os 90 e o novo século.
Teatro: temas, xéneros e subxéneros, e estéticas dos/das principais autores/as dos 80, os 90 e o novo século
B5.6. Lectura e comentario de textos significativos da literatura galega de 1975 á actualidade, identificación das súas características temáticas e formais e relación co contexto sociohistórico e sociolingüístico e mais o xénero ao que pertencen
B5.7. Análise e comentario, a través de probas escritas ou traballos, cando menos dunha obra completa de cada un dos períodos literarios referidos

Temas língua e literatura OGALEGO/ Tipoloxía textual

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/linguagalega2bach.html

- Tipoloxía textual e variación lingüística:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1372866197/contido/unidade02/arquivos/apuntes.pdf

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1372317799/contido/unidade01/arquivos/presentacion.pdf

Literatura Galega AS-PG: Séculos XX-XXI


Literatura Galega AS-PG: Século XX