domingo, 22 de setembro de 2019

Elementos do texto audiovisual II: Os planos



  Tipos de plano de acordo co seu encadre:

  Plano Xeral: Son imaxes nas que se tenta capturar a maior parte da escena posible. Normalmente adóitanse facer co máximo angular que nos permita o obxectivo.

Resultado de imagen de plano general comic


  Plano Figura: No plano figura o suxeito ocupa todo o encadre da foto, da cabeza ata os pés, tamén chamado «plano enteiro».



Resultado de imagen de plano figura


  Plano Americano: escolleriamos as zonas da cabeza á parte superior do xeonllo.


Resultado de imagen de plano americano




  Plano medio: Nunha figura humana o corte situaríase máis ou menos sobre a cintura.  

Resultado de imagen de plano medio


  Primeiro plano: o rostro enteiro dun personaxe.

 Resultado de imagen de primer plano


  Primerísimo Primeiro Plano: o plano ocupa desde o queixo ou  mentón aproximadamente ata a metade da fronte ou un pouco por encima dela.

Resultado de imagen de primer plano


  Plano detalle: non se centra no suxeito completo, se non nun elemento que suxeite, un complemento, un só ollo, beizos, etc.

Resultado de imagen de plano detalle cine


  TIPOS DE PLANOS SEGUNDO A SÚA ANGULACIÓN

  A  angulación é a inclinación desde a que se representa ou debuxa a realidade.  

  Frontal: A cámara ou os ollos do espectador sitúanse á altura da cabeza dos personaxes.

 Picado. A cámara sitúase por encima do obxecto ou do personaxe, de maneira que este vese desde arriba.


 Resultado de imagen de PLANO PICADO

  Contrapicado. A cámara sitúase por baixo do obxecto ou do personaxe. O eixo óptico da suposta cámara apunta cara arriba.
 Resultado de imagen de PLANO CONTRAPICADO

  Cenital: a cámara sitúase completamente por encima do personaxe, nun ángulo tamén perpendicular.

  
 Resultado de imagen de PLANO CENITAL

  Nadir: a cámara sitúase completamente por baixo do personaxe, nun ángulo perpendicular ao chan.


 Resultado de imagen de PLANO NADIR

  Plano holandés:  a cámara está lixeiramente inclinada, polo regular a un ángulo de 45 graos. 

Resultado de imagen de PLANO HOLANDÉS


  Plano dorsal: Colle a un personaxe de costas.

Resultado de imagen de PLANO dorsal


  Plano  Escorzo: é un dos planos máis utilizados no cinema para as conversacións de dúas persoas. Na escena aparecería a persoa que escoita de costas e a que fala de fronte co rostro á vista, coa cámara colocada a uns 45º do suxeito.

   Resultado de imagen de PLANO escorzo


  Actividade: Sinala o tipo de plano: pincha aquí

  Actividade: Sinala o tipo de plano no comezo de 21st Century  Boys:









  Actividade: Vemos o comezo de The Walking Dead:

  
  Sinala todos os planos que hai nesta secuencia. 

  Pregunta: Qué información nos chega en cada plano? Atopas algún patrón?


    Actividade de amplicación: Crea un cómic ou o story board dunha curtametraxe. Xustifica por que empregas cada plano. 

Elementos da linguaxe audiovisual

    Un texto escrito emprega palabras e signos de puntuación para transmitir a información.

 Un texto oral é un pouco máis complexo. Emprega palabras,  paralinguaxe  (a voz, entoación, volume, velocidade, ritmo),  kinésica (movementos e xestos corporais) e  proxémica (distancia entre os interlocutores).

  O texto ou audiovisual é moito máis complexo. 

  Vemos un fragmento do Resplandor:  


  Pregunta: por onde nos chega a información aquí?

  Actividades de desenvolvemento:

  Traballamos de forma individual. 

  Vemos a mesma secuencia, pero sen volume. 

  Pregunta: que sei eu do que está a pasar polas imaxes? Pero ollo, só coas imaxes. 

  Voltamos a ver a secuencia con volume. 

   Pregunta: que podo saber polos diálogos? 
   E finalmente facemos o mesmo coa música. 

   Actividade de desenvolvemente (para entregar):

   Vemos o comezo de  Stranger  Things.



  Preguntas (resposta por separado): 

  a) que información nos transmiten as imaxes? 

  b) Que información nos transmiten as palabras? 

  c) Que información nos transmite a música? 

  d) Que información nos transmiten os textos?




sábado, 21 de setembro de 2019

O alfabeto em português




 E também:  NH (ene agá) como em NINHO (de pássaros)

                    LH (ele agá) como em OLHO (da cara)

                    CH (cê agã) como em CHAVE (da porta) 

 

E agora ouçam...


ARY DOS SANTOS: “FUTURO”

Isto vai meus amigos isto vai

um passo atrás são sempre dois em frente

e um povo verdadeiro não se trai

não quer gente mais gente que outra gente

Isto vai meus amigos isto vai

o que é preciso é ter presente

que o presente é um tempo que se vai

e o futuro é o tempo resistente

Depois da tempestade há a bonança

que é verde como a cor que tem a esperança

quando a água de Abril sobre nós cai.

O que é preciso é termos confiança

se fizermos de maio a nossa lança

isto vai meus amigos isto vai.



quarta-feira, 18 de setembro de 2019

Legado celta na Galiza


Resposta as seguintes perguntas:
 
1) En que países celtas, ademais de Galicia, existen monumentos megalíticos?

2) De cando son as primeiras construcións megalíticas?

3) Para que eran os dolmens?

4) Que outro nome teñen os dolmens en Galicia?

5) Que cerimonias se celebraban nos dolmens?

6) Que se representaba nos petróglifos? En que outros países hai petróglifos?

7) Onde se construían os castros? Por que?

8) De que vivían os habitantes dos castros?

9) De que material eran as primeiras ferramentas metálicas?
(14:00)
10) Que illas míticas buscaban os comerciantes fenícios?

11)Con que produtos comerciaban os fenicios?

12) Para que se constrúen murallas nos poboados?

13) De que material eran as casas castrexas antes de facerse de pedra?

14) Como eran esas casas?

(19:00- Santa Tegra)

15) De cando é o castro de Santa Tegra?
16) Para que se labraban as pedras?
17) Que eran os cuncheiros?
18) Con que fibras vexetais facían tecidos?
19) Como conservaban o gran (cereais)?
20) Que castro ten murallas monumentais?
21) Que fabricaban os forxadores, ademais de armas?
22) Que era a caetra?
23) Para que servían os torques?
24) Para que usaban os cabalos?
25) Como os capturaban?
26) Que probas debían superar os rapaces para converterse en guerreiros?
27) Que avantaxe teñen as construcións cadradas nos castros?
28) Cales son as citanias máis importantes?
29) Como se chama a pedra que pechas as saunas castrexas? Cando se encontraron as primeiras?
30)Cantas estatuas de guerreiros galaicos se conservan?

(35:00)
31) Cal era o deus celta máis importante?
32) Por que se facían ofrendas aos deuses nos ríos? Que se lles ofrecía?
33) Quen eran os druídas?
34) Por que deixaban os enfermos nos cruces de camiños?
35) Como cristianizou a igrexa os lugares sagrados celtas?
36) Onde estaba o paraíso celta?
37) Onde se conserva o Tesouro de Caldas?
38) Que son as Médulas?
39) Cando comeza e remata a conquista romana de Galicia?

segunda-feira, 16 de setembro de 2019

A orixe do home



El nacimiento de la humanidad (min. 28:00 e ss.)

1) A que grupo de mamíferos pertencen os altiatlasius?
2) Que provoca a desaparición dos bosques onde vivían?
3) Por que motivo quedan bloqueadas as chuvias en África?
4) Que sucede hai 4,4 millóns de anos?
5) Que consecuencias ten o feito de andar erguido para a reprodución da especie?
6) Por que os hominidos se fan máis intelixentes?
7) Como se chama o primeiro home?
8) Como fabrica as primeiras ferramentas?
9) Que cambio produce no corpo dos homes o uso de ferramentas?
10) Como consegue alimentos o Homo erectus?
11)Que proporciona o lume aos homes?
12) Que significa Homo sapiens?

 Prehistórica. Evolución humana (min. 32:54- 35:00)
Representa nun mapa a expansión dos humanos polo planeta.