quinta-feira, 7 de dezembro de 2017

Música lusofonia

Neste video que representou a Portugal na Eurovisión de 1989 aparecen citados os países que forman a lusofonía. Ollo que depois a letra non sae da cabeza!
https://www.youtube.com/watch?v=UChhniDdQ8o

terça-feira, 6 de junho de 2017

Teoria exame 3ª avaliación

Lémbrovos que as preguntas marcadas non entran no exame, pero iso non significa que non teñan que estar respostadas no material de traballo de aula.
SÉCULOS ESCUROS E PRERREXURDIMENTO
1) Que período abranguen os SSEE? Que características ten esta etapa?
NON 2) Que consecuencias tivo a derrota da nobreza galega na guerra entre Xoana a Beltranexa e Isabel a Católica? Como cualifica o historiador Zurita esta etapa?
3) Que sucedeu en Galicia nos SSEE do punto de vista lingüístico? Que consecuencias tivo a diglosia para o galego?
NON 4) Que consecuencias tivo para Galicia a chegada ao trono dos Borbóns?
5) Define Ilustración. De cando é este movemento? Que sucede en Galicia nesta etapa do punto de vista lingüístico?
6) Quen foron os principais ilustrados galegos? Resume a aportación de cada un á recuperación do idioma.
7) Como é a maioría da literatura galega dos Séculos Escuros? Por que motivos é importante esta literatura?
8) Que mostras conservamos da literatura culta dos Séculos Escuros?
NON 9) Que tipo de textos se produciron durante a Guerra Napoleónica?
A LINGUA GALEGA NO REXURDIMENTO (288-292)
1. Explica as condicións sociais e económicas en que se desenvolve o Rexurdimento.
2. Que ideas defendía o Provincialismo? E o Rexionalismo? Quen foron os principais líderes de cada un destes movementos.   
NON 3. Que dinámicas opostas se dan en Galiza do punto de vista lingüístico? Que consecuencias sociais ten?
CLAVES DO REXURDIMENTO. OS PRECURSORES (296-302)
1. Cando tivo lugar o Rexurdimento? A que dous aspectos afectou este movemento?
2. En que períodos se divide o Rexurdimento? Que sucede en cada un deles?
3. Que obxectivos perseguía o Rexurdimento?
NON 4. Explica cal foi o papel de Francisco Añón, Xoán Manuel Pintos e os irmáns de la Iglesia durante o Pre-Rexurdimento e Rexurdimento.
ROSALÍA DE CASTRO
1. Resume os principais acontecementos da vida de Rosalía de Castro.
NON 2. Que tres aspectos singularizan a obra de  Rosalía de Castro no contexto literario da época?
NON 3. Que diferenzas presenta a obra de Rosalía de Castro respecto do Romanticismo?
4. En que aspectos se concreta o compromiso social de Rosalía?
5. Que voces aparecen en Cantares gallegos? Que se consegue con esa polifonía?
NON 6. Que obxectivos di a autora perseguir no prólogo de CG?
7. Explica os apartados en que se poden clasificar os poemas que forman CG.
8. Cando se publica Follas novas? De cando son os poemas que forman o libro? Que diferenzas existen entre Cantares gallegos e Follas novas?
9. En cantos libros se organiza FN? A que grupos temáticos se adscribe cada un deles? Explica o contido de cada libro.
10. Que outras obras literarias escribiu Rosalía? Explícaas brevemente.
EDUARDO PONDAL (334-338)
11. Explica os acontementos máis salientábeis da vida de Eduardo Pondal.
NON 12. De que trata Os Eoas? Que motivos puido ter para non publicar en vida esta obra?
13. Resume as liñas temáticas da poesía de Pondal.
14. Cales son as principais características lingüísticas e estilísticas de Pondal?
CURROS ENRÍQUEZ (344-349)
15. Resume a vida de Curros.
NON 16. Explica por que Curros é considerado o principal poeta cívico. Que consecuencia tivo isto para a súa carreira de escritor?
17. En que grupos se clasifican os poemas que forman Aires da miña terra? Explica cada un deles.

18. En que obra está inspirado O divino sainete? Que obxectivos persegue Curros con ela?

domingo, 21 de maio de 2017

Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez

EDUARDO PONDAL (334-338)
11. Explica os acontementos máis salientábeis da vida de Eduardo Pondal.
12. De que trata Os Eoas? Que motivos puido ter para non publicar en vida esta obra?
13. Resume as liñas temáticas da poesía de Pondal.
14. Cales son as principais características lingüísticas e estilísticas de Pondal?
CURROS ENRÍQUEZ (344-349)
15. Resume a vida de Curros.
16. Explica por que Curros é considerado o principal poeta cívico. Que consecuencia tivo isto para a súa carreira de escritor?
17. En que grupos se clasifican os poemas que forman Aires da miña terra? Explica cada un deles.
18. En que obra está inspirado O divino sainete? Que obxectivos persegue Curros con ela?

19. En que bases ideolóxicas se asenta a obra de Curros?

sábado, 13 de maio de 2017

Rosalía de Castro


1. Resume os principais acontecementos da vida de Rosalía de Castro.
2. Que tres aspectos singularizan a obra de  Rosalía de Castro no contexto literario da época?
3. Que diferenzas presenta a obra de Rosalía de Castro respecto do Romanticismo?
4. En que aspectos se concreta o compromiso social de Rosalía?
5. Que voces aparecen en Cantares gallegos? Que se consegue con esa polifonía?
6. Que obxectivos di a autora perseguir no prólogo de CG?
7. Explica os apartados en que se poden clasificar os poemas que forman CG.
8. Cando se publica Follas novas? De cando son os poemas que forman o libro? Que diferenzas existen entre Cantares gallegos e Follas novas?
9. En cantos libros se organiza FN? A que grupos temáticos se adscribe cada un deles? Explica o contido de cada libro.
10. Que outras obras literarias escribiu Rosalía? Explícaas brevemente.

segunda-feira, 8 de maio de 2017

Rexurdimento I


A LINGUA GALEGA NO REXURDIMENTO (288-292)
1. Explica as condicións sociais e económicas en que se desenvolve o Rexurdimento.
2. Que ideas defendía o Provincialismo? E o Rexionalismo? Quen foron os principais líderes de cada un destes movementos.   
3. Que dinámicas opostas se dan en Galiza do punto de vista lingüístico? Que consecuencias sociais ten?
CLAVES DO REXURDIMENTO. OS PRECURSORES (296-302)
1. Cando tivo lugar o Rexurdimento? A que dous aspectos afectou este movemento?
2. En que períodos se divide o Rexurdimento? Que sucede en cada un deles?
3. Que obxectivos perseguía o Rexurdimento?
4. Explica cal foi o papel de Francisco Añón, Xoán Manuel Pintos e os irmáns de la Iglesia durante o Pre-Rexurdimento e Rexurdimento.

segunda-feira, 17 de abril de 2017

Temas exposicións orais 3ª avaliación

1. O padre Feixoo: vida e obra
2. O padre Sarmiento: vida
3. O padre Sarmiento: obra
4. Xosé Cornide y Saavedra
5. O padre Sobreira: vida e obra
6. O Mariscal Pedro Pardo de Cela e o Pranto da Frouseira
7. As Coplas no saqueo de Cangas polos turcos: texto e contexto
8. Entremés famoso sobre a pesca no río Miño
9. A Francesada: ocupación e expulsión dos franceses de Galiza na época de Napoleón
10. Proezas de Galicia/ Un labrador que foi sarxento aos soldados...
11. Décimas ao Apóstolo Santiago de Martín Torrado
12. Os diálogos políticos: Tertulia na Quintana/ Diálogos na Alameda/ Tertulia de Picanhos

Para o proceso de pesquisa podedes utilizar a historia da literatura da AS-PG e a maioría dos textos aparecen na Biblioteca Virtual Galega.

quinta-feira, 23 de março de 2017

Séculos Escuros e Ilustración



Unidade 13: Séculos Escuros e Pre-Rexurdimento.
1) Que período abranguen os SSEE? Que características ten esta etapa?
2) Que consecuencias tivo a derrota da nobreza galega na guerra entre Xoana a Beltranexa e Isabel a Católica? Como cualifica o historiador Zurita esta etapa?
3) Que sucedeu en Galicia nos SSEE do punto de vista lingüístico? Que consecuencias tivo a diglosia para o galego?
4) Que consecuencias tivo para Galicia a chegada ao trono dos Borbóns?
5) Define Ilustración. De cando é este movemento? Que sucede en Galicia nesta etapa do punto de vista lingüístico?

6) Quen foron os principais ilustrados galegos? Resume a aportación de cada un á recuperación do idioma.
7) Como é a maioría da literatura galega dos Séculos Escuros? Por que motivos é importante esta literatura?
8) Que mostras conservamos da literatura culta dos Séculos Escuros?
9) Que tipo de textos se produciron durante a Guerra Napoleónica?

Nesta LIGAZÓN accededes á historia da literatura da AS-PG, para ampliar ou resolver dúbidas.

quarta-feira, 22 de março de 2017

Listaxe libros 1º bach.


LECTURAS DE LINGUA GALEGA 1º Bacharelato. CURSO 2015-2016
Clásicos
Eduardo Blanco Amor, A esmorga
Carlos Casares, Ilustrísima,
Castelao, Retrincos/ Un ollo de vidro
Castelao, Os dous de sempre
Á. Cunqueiro, Merlín e familia
Á. Cunqueiro, Os outros feirantes
Rafael Dieste, Dos arquivos do trasno,
Xosé Luís Méndez Ferrín, O crepúsculo e as formigas
Xosé Luís Méndez Ferrín; Retorno a Tagen Ata
Novelas posteriores a 1975
Xavier Alcalá,  A nosa cinza, Galaxia.
Diego Ameixeiras, Dime algo sucio, Xerais
Rosa Aneiros, Resistencia, Xerais
Xurxo Borrazás, Criminal, Sotelo Blanco.
Darío Xohán Cabana, Fortunato de Trasmundi, Xerais
Marcos Calveiro, Festina lente, Xerais
Cid Cabido, Unha historia que non vou contar, Xerais
Philippe Caludel, A neta do señor Linh, Rinoceronte
Ledicia Costas, Un animal chamado néboa, Xerais
Pedro Feijoo, Os fillos do mar, Xerais
Pedro Feijoo, A memoria da choiva, Xerais
Pedro Feijoo, Morena, perigosa e romántica, Xerais
Elena Gallego Abad, Sete caveiras, Xerais
Jaureguizar, Breve crónica universal da clase obreira, Sotelo Blanco
Xabier López, A vida que nos mata, Galaxia
Xabier López, Olympia Ring, 1934, Galaxia
Aníbal C. Malvar, Un home que xaceu aquí, Sotelo Blanco.
Teresa Moure, Herba moura, Xerais
Sofi Oksanen, Purga, Rinoceronte
Xavier Queipo, Malaria sentimental, Sotelo Blanco
Manuel Rivas, As voces baixas, Xerais
Manuel Rivas, En salvaxe compaña, Xerais
Antón Riveiro Loureiro, As rulas de Bakunin, Galaxia
Ousmane Sembène, O xiro postal, Rinoceronte
Suso de Toro, O home sen nome, Xerais
Birgit Vanderbeke, Mexillóns para cear, Rinoceronte
Relatos
Fran Alonso, Cartas de amor, Edicións Xerais
Xesús Costenla Doce, As humanas proporcións, Galaxia
Mercedes Leobalde, Funambulistas, Xerais
Andrej Longo, Dez, Rinoceronte
Miguel Anxo Murado, Ruído. Relatos de guerra, Editorial Galaxia.
Gonzalo Navaza, Erros e Tánatos, Xerais
Manuel Rivas, Que me queres, amor?, Xerais
Sechu Sende, Made in Galiza, Editorial Galaxia

Traballo libro III avaliación 1º BACH (voluntario)


Debe incluír os apartados seguintes:
1. Análise externa:
- O autor a obra: datos bibliográficos do autor ou autora, importancia da obra no conxunto da súa produción. Data de publicación da obra, repercusión no sistema literario da época.
2. Análise interna:
2.a. Narrativa (novela, relato, conto):
-análise dos elementos narrativos: tipo de narrador, tempo (interno e externo), espazo ou espazos, personaxes (tipo de personaxes e caracterización)
- resumo do argumento
- valoración crítica (razoada e xustificada, destacando os aspectos positivos ou negativos que se consideren salientábeis)
2.b. Poesía (poemarios):
- Tema ou temas presentes no poemario, con exemplos de poemas onde aparezan e analise do enfoque ou tratamento que reciben.
- Identificación e análise dos recursos estilísticos que resulten máis significativos (por abundantes, novidosos, sorpendentes...)
- valoración crítica (razoada e xustificada, destacando os aspectos positivos ou negativos que se consideren salientábeis)
2.c. Outros (obras miscelaneas)
- Tema ou temas tratados na obra, con exemplos de textos nos que aparezan tratados.
- Identificación e explicación dos diferentes tipos de textos que forman a obra, e xustificación do seu uso.
- - valoración crítica (razoada e xustificada, destacando os aspectos positivos ou negativos que se consideren salientábeis)

Como exemplo (aproximado) do que pretendo, vai un artigo meu de hai uns anos onde analizaba unha obra teatral:
UM PRÉMIO (QUASE) IGNORADO: A TÁBUA OCRE DE NÚBIA

Já lá vam quase dous anos desde que o júri do prémio "Eixo Atlântico" de teatro convocado pola Câmara Municipal de Viana do Castelo decidiu conceder esta distinçom ao autor galego João Guisan pola sua obra A tábua Ocre de Núbia ou o significado da vida, e é de certo surpreendente a pouca atençom que se tem prestado a esta obra desde entom. E a surpresa acrescenta‑se ainda mais se o comparamos com o atordoante ruído mediático que acompanhou a concessom de galardom semelhante a José Luís Méndez Ferrín no presente ano, concretamente o prémio "Carlos Blanco" de Romance do Eixo Atlântico pola sua última obra; mesmo numha visom muito apressada, e ainda considerando a diferente repercussom que a todos os níveis pode ter um autor de grande prestígio e um género (o romance) de grande difusom, frente a umha peça dramática e a um autor de menor reconhecimento público, semelha mesmo que as varas com que se medem os méritos de uns e outros seguem a ser de tamanhos muito diferentes.

O autor da peça, João Guisan Seixas, é um dos históricos do teatro galego: membro fundador da Escola Dramática Galega, actor, encenador, cenógrafo, e também narrador. Entre os  anos 1977 e 1981 recebe numerosos galardons, e desde aquele momento e  até ao 1997 em que obtem este prémio Eixo Atlântico, nom tivo nenhum outro reconhecimento (deixaremos à imaginaçom do leitor as possíveis explicaçons deste vazio).

A obra apresenta‑se sob umha aparência enganosamente académica: Actas do XXIV congresso internacional acerca de A Tábua de Núbia ou o significado da vida, e, em funçom deste artifício, estrutura‑se em diferentes níveis de ficçom. O principal elemento de coesom som as sucessivas hipóteses que se vam expondo a respeito da interpretaçom e significado de umha misteriosa tábua com inscriçons indecifráveis achada no percurso de umha escavaçom no Egipto. Em funçom do anterior, adquire grande relevância a cenografia da peça: os poentes que se vam sucedendo para explicarem as suas teorias som grandes bustos desenhados no pano de fundo, com braços animados por actores; diante deles, as personagens desenvolvem diferentes peças relacionadas com as explicaçons destas figuras. Note‑se, para já, a estilizaçom e artificiosidade que pressupom esta realizaçom cénica, estilizaçom que também se manifesta na caracterizaçom dos próprios  actores. Estes actores movem‑se num segundo plano da ficçom, por dizê‑lo assim, subordinados aos grandes bonecos que dominam a cena desde o fundo; neste plano realiza‑se um exercício de revisionismo mitológico que tem a ver com as próprias exposiçons dos poentes. Assim, nas sucessivas cenas o leitor/ espectador assiste a versons muito pessoais do mito de Dédalo e Ícaro, da vida dum hipotético santo paleo‑cristam (com situaçons que lembram aos momentos mais delirantes de A  vida de Brian, dos Monty Python), ou a histórias com elementos tirados dos contos populares mas com ambiente nórdico, egípcio ou chinês; em todas estas cenas desborda a imaginaçom do autor para criar situaçons fantásticas, a ironia e mesmo a sátira. Como exemplo do anterior, a história que se desenvolve no VI quadro é bem significativa: os três heterónimos de Pessoa reúnem‑se e, reconhecendo a sua mediocridade individual ("somos tão só meio poeta", diz o Alberto Caeiro) decidem "inventar" um outro poeta que os supere (seguindo a sua própria lógica, três meios poetas juntos fazem poeta e meio); e esta inversom das convençons é a que marca o tom geral da obra tanto no que diz a respeito do conteúdo como a nível formal.

Seguindo nesta mesma linha, também o mundo académico nom escapa ao olhar satírico e engenhoso do autor: desde a própria aparência dos "Doutores" (desenhos caricaturescos sobredimensionados) até ao conteúdo das suas intervençons (interpretaçons absurdas, contraditórias e irreconciliáveis entre elas), passando pelos (brilhantes) nomes das suas disciplinas: Departamento de Escandinaviologia Submarina, Centro de Altos Estudos Paleocristaos, Departamento de Estilística Forense, Academia Superior de Arqueologia Emocional,... Nom ficam de lado as misérias humanas dos "Senhores Doutores": alcoolismo, problemas matrimoniais. Hai também aqui umha vontade satírica que leva a subverter as convençons e os modos do estamento académico, já desde o próprio título da obra.

A Tábua Ocre de Núbia apresenta‑se  como umha peça para ser lida, mais do que para ser representada (ainda que o prémio inclua a representaçom da obra, para lá da sua publicaçom), embora o autor tivesse em conta esta possibilidade durante a sua elaboraçom. Reconhece, contudo, as inegáveis dificuldades que apresenta a sua posta em cena na nota com que se fecha o texto. Nesta linha, e como também acontecera com a sua obra Teatro para se comer, A Tábua ocre de Núbia contem umha grande quantidade de acotaçons cénicas, algumhas mesmo inecessárias para a preparaçom de umha hipotética representaçom; como o próprio autor explica na introduçom da primeira das obras citadas, a justificaçom de umha tal prodigalidade nas notas justifica‑se pola vontade de que seja o leitor o que disponha de todos os elementos necessários para "ver" a obra representada ao tempo que a vai lendo, sem necessidade de ter que esperar por umha representaçom que, talvez, nom chegue mais. E é gráças  a isso que esta peça é susceptível de ser lida com a mesma soltura e desfrute do que um qualquer romance, sem a farragosidade que, amiude, acompanha a leitura de um texto teatral.

Para finalizar, e entanto que agardamos pola prometida encenaçom da peça, apenas insinuar a necessidade de que este texto alcance umha maior difusom da que até ao de agora leva tido, para o qual é imprescindível uma ediçom com maiores possibilidades de distribuiçom do que a existente neste momento (a do Teatro do Noroeste, com a colaboraçom da Câmara Municipal de Viana do Castelo), susceptível de chegar aos possíveis leitores pelos canais habituais. No momento da elaboraçom deste texto, é práticamente impossível fazer‑se com um dos 750 exemplares impressos pela entidade organizadora do certame.

quinta-feira, 16 de fevereiro de 2017

Cantigas de burlas, santa María e prosa medieval

BLOQUE 5 EDUCACIÓN LITERARIA:
CANTIGAS DE BURLAS,CANTIGAS DE SANTA MARÍA E PROSA MEDIEVAL
1. Cantigas de burlas
1.1. As cantigas de escarño e as cantigas de maldizer
a) Que características tiñan as cantigas de burlas galego-portuguesas? Cal era a diferenza entre as cantigas de escarnho e as de maldizer?
1.2. Tipoloxías e principais ciclos temáticos
a) Cal é a relación entre as cantigas de burlas e a sociedade medieval? Cales eran os destinatarios destas cantigas?
b) De que tipos poden ser as cantigas de burlas?
1.3. A lingua e a forma da cantiga de burlas
a) Como era o léxico das cantigas de burlas?
2. Cantigas de Santa María
2.1. Características da obra
a) Cantas composicións forman as Cantigas de Santa María? Como se clasifican?
2.2. Estrutura
a) Como se organiza a obra?
b) Que esquema seguen as cantigas narrativas?
c) Cales son as características principais das cantigas non narrativas?
3.3. Métrica (X)
3.4. Problemática da autoría
a) Cal foi o papel de Afonso X na composición das Cantigas de Santa María?
3.5. Fontes (X)
3.6. Motivación
a) Cales foron os motivos que moveron a Afonso X a redactar as Cantigas de Santa María?
3.7. A tradición manuscrita (X)
4. Prosa medieval

a) En que grupos se clasifica a prosa medieval? Que características teñen e que obras pertencen a cada una?

quinta-feira, 9 de fevereiro de 2017

Exemplo comentario cantiga

Estes son os pasos a seguir para o comentario dunha cantiga medieval:
1. Identificación do xénero e subxénero, en función da voz poética (masculina- feminina, dialogada, narrativa), presenza de palabras clave (amigo, senhor, termos cómicos ou obscenos...), elementos mencionados no texto (ambientais ou outros)...
2. Paráfrase ou explicación do contido do poema en galego moderno, no sentido literal e no simbólico (se o houber). Evitar mesturar ambos planos.
3. Análise formal: rima, versos, estrofas. Tipo de cantiga (refrán, mestria) e recursos presentes (leixa-prén, refrán, dobre, paralelismos...)
Como exemplo, este sería un posíbel comentario da cantiga de Don Dinís que aparece na página 244 do libro:

Comentário de "Levantou-se a velida"

A cantiga que imos comentar pertence ao xénero de amigo, mais presenta variantes sobre o modelo habitual, tanto na forma coma no contido. Para comezar, a voz textual non é feminina, xa que fala un narrador, mais o feito de que a protagonista do poema sexa unha moza ("a velida", "a louçana"), e que a temática non é burlesca -aínda que tampouco claramente amorosa-, permítenos clasificala neste xénero. Ademais, as referenzas á "alva" fan que poidamos considerala unha alba ou alborada.

Como xa indicamos, a voz textual pertence a un narrador, que relata en terceira persoa o que fai un personaxe feminino. Presenta por tanto estrutura narrativa, e non apostrofada.

Canto ao argumento, na cantiga fálasenos dunha moza "velida" e louçana", e dicir, moi fermosa, que se ergue pola mañá cedo (á "alva") e vai até un río (o "alto") para lavar a súa roupa interior (chamada no poema "camisas" ou "delgadas"). Mentres está facendo isto, levántase o aire e dificúltalle o traballo ("o vento llas desvía/ levanta"). Como consecuencia, a moza enfádase ("meteu-s'alva em ira/ sanha"). Para entender o poema como de temática amorosa, debemos coñecer algunhas claves simbólicas habituais nestas composicións: a auga, e o acto de lavar, asóciase á muller, e o vento ao home; así, a lectura que podemos facer ten que ver co encontro amoroso entre a moza e o seu amado, que ten lugar ao pé dun río, e que conclúe co enfado da moza sen que quede claro que é o que o motiva.


Formalmente, a cantiga está formada por seis estrofas de cinco versos de arte menor e medida irregular (7-5-7-4-6). A rima é asonante entre os versos 1º e 3º, consonante entre o 2º e 5º, e o 4º queda libre; hai dous esquemas de rima: aba-b nas estrofas impares e aaa-a nas pares. É unha cantiga paralelística ou de refrán, que neste caso é "Vai-las lavar alva"; tamén se repite o penúltimo verso, porén non consideramos que este faga parte do refrán porque está encabalgado co anterior, que si varía. Igualmente, repítese sen variación o segundo verso de cada estrofa, e isto afecta ao leixa-pren: non é o segundo, senón o terceiro verso o que reaparece como primeiro da estrofa posterior ("e vai lavar camisas", "e vai levar delgadas", "o vento lh'as desvia", "o vento lh'as levava"). Finalmente, a cantiga ten paralelismo: os versos primeiro e terceiro de cada estrofa son paralelos entre si ("levantou-se a velida/ louçana", "e vai lavar camisas/ delgadas", "o vento lh'as desvia/ levava", "meteus'alva em ira/ sanha").

terça-feira, 7 de fevereiro de 2017

Traballo cantigas

-Tempo: un mes (data límite de entrega 10 de marzo)

- Fonte a utilizar:
para buscar as cantigas accededes a
http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=Tro&alias=Trobadores&solapa=obras
ou polo camiño longo...
www.bvg.udc.es> obras dispoñíbeis para lectura> títulos de poesía>  trobadores> obras

- Que hai que facer:
 localizar tres (3) exemplos de cantigas de amor e outras tantas de amigo adscribíbeis a cada un dos subtipos estudados. É dicir, tres de amigo auto-louvanza, tres de lamento pola ausencia do amigo, etc e o mesmo coas de amor (tres de eloxio da dama, tres de declaración do amor do poeta...)
Os exemplos poden ser cantigas enteiras, estrofas ou incluso secuencias de versos (dous, tres, catro). En calquera caso, hai que explicar que é o que entendedes que vos fai escollela como exemplos desa temática.

- Exemplo:
 Muit'atendí eu ben da mia senhor
e ela nunca ben me quis fazer
e eu non tenho i al se non morrer

de Sancho Sánchez aparece a reserva da dama porque di nunca ben me quis fazer (nunca me quixo facer caso) é dicir, non acepta o galanteo. Tamén aparece a coita de amor, porque di non tenho i al se non morrer (só me queda morrer), o amor imposible fai que desexe a morte.

segunda-feira, 30 de janeiro de 2017

As cantigas amorosas

BLOQUE 5 EDUCACIÓN LITERARIA
LÍRICA PROFANA MEDIEVAL. CANTIGAS AMOROSAS (234-243)
- En que xéneros se organizan as cantigas? Que cantigas pertencen a cada un deles?
1. A Cantiga de Amigo
1.1. Orixes
a) De onde proceden as cantigas de amigo? Que composicións semellantes existían na Península?
1.2. Características xenéricas
a) Cales son as características máis importantes das cantigas de amigo? Que outros elementos permiten identificar estas cantigas?
b) Explica que tres tipos de cantigas de amigo existen.
1.3. A forma da cantigas de amigo
a) Cales son as principais características formais das cantigas de amigo?
1.4. A temática das cantigas de amigo
a) Cal é o tema prinicipal das cantigas de amigo? De que maneiras se pode concretar ese tema?
b) En que subtipos temáticos se clasifican as cantigas de amigo? Explica os máis importantes.
1.5. Modos poéticos
a) Como se clasifican as cantigas de amigo segundo a voz ou voces poéticas que aparecen?
1.6. Personaxes da cantigas de amigo
a) Que características teñen os personaxe   s que aparecen nas cantigas de amigo?
1.7. A natureza no discurso amoroso
a) Que funcións pode desempeñar a natureza nas cantigas de amigo?
2. A Cantiga de Amor
a) Cales son as características principais das cantigas de amor?
2.1. O código de amor cortés
a) Que tradicións culturais medievais combina o código de amor cortés? Que elementos aporta cada unha delas?
2.2. Temas
a) Explica os temas que se tratan nas cantigas de amor.
2.3. A forma da cantiga de amor
a) Define dobre e mozdobre

segunda-feira, 16 de janeiro de 2017

Literatura medieval. Introdución


A literatura galego-portuguesa medieval. Cuestións xerais (páx. 221-229)
(BLOQUE 5: Educación literaria)
1. Ámbito xeográfico da poesía medieval galego-portuguesa
- Que territorio ocupa a lírica en galego-portugués? Cales son os motivos desta extensión? Que territorios fican fóra desta área lingüística e que linguas utilizan?
2. As vías de penetración da cultura trobadoresca
- Como chega a cultura provenzal e os seus modelos poéticos a Galiza e Portugal?
3. Etapas na evolución da poesía medieval galego-portuguesa
- Que período abrangue a produción poética medieval? De cando é o texto máis antigo?
- Resume as características de cada etapa do ciclo trobadoresco
4. O espectáculo trobadoresco. Autores e interpretes
- De que espazos é propia a tradición poética medieval? Onde e como se difunde esta poesía?
- Cales son as características dos trobadores, xograres e segreis? Cal é a importancia das soldadeiras nesta poesía?
5. A tradición manuscrita
- Cantos autores e textos forman a tradición poética medieval? En que dous grupos de obras se recollen estes textos? Que características ten cada un deles?

domingo, 15 de janeiro de 2017

Lectura segundo trimestre 1º bacharelato

Made in Galiza de Séchu Sende (editorial Galaxia) é o libro que tendes que ler neste segundo trimestre. O traballo escrito consiste nun resumo de cada apartado e unha reflexión persoal sobre o tema que nel se trata. Valorarase a extensión e a corrección lingüística.
Na mesma liña do libro, e para quen aínda non teña un calendario do 2017:
http://anl.uvigo.es/opencms/export/sites/anl/anl_gl/documentos/calendario2017.pdf